Os promotores de novos proxectos poden solicitar ata o próximo día 20 axudas do programa Galicia Emprende

La conselleira del Mar visitó la empresa de transformación de productos pesqueros Isidro de la Cal. ARCHIVO.

La conselleira del Mar visitó la empresa de transformación de productos pesqueros Isidro de la Cal. ARCHIVO.

Os promotores de novos proxectos empresariais poden presentar, ata o próximo 20 de xuño, as súas solicitudes de axuda ao abeiro da primeira convocatoria do programa Galicia Emprende. Os emprendedores que precisen máis tempo para rematar o deseño ou a avaliación dos seus proxectos, disporán de novas oportunidades nas outras dúas convocatorias previstas para este ano, que abrirán o 30 de xuño e o 10 de outubro, respectivamente.

A través do Igape, a Consellería de Economía, Emprego e Industria activou o programa Galicia Emprende para apoiar a creación e a consolidación de novas empresas por emprendedores, autónomos e pemes. A Xunta incrementou un 35%, ata os 5 millóns de euros, a dotación para as novas convocatorias do programa Galicia Emprende, co que se prevé apoiar 160 novas empresas con axudas directas que poden chegar ata os 175.000 euros, impulsando así a posta en marcha ou consolidación temperá de compañías promovidas por autónomos e emprendedores, mobilizando arredor de 14 millóns de euros en investimentos, ao tempo que se contribúe ao emprego de calidade, uns 500 empregos.

Ao amparo do Galicia Emprende apoiaranse proxectos con investimentos comprendidos entre os 25.000 e os 500.000 euros, con axudas cofinanciadas polo Feder que poden cubrir o 35% do investimento no caso das pequenas empresas e o 25% para medianas, priorizando en todo caso o emprendemento industrial. As axudas poden beneficiar tanto a empresas de nova creación como a compañías cunha antigüidade operativa máxima de 42 meses.

A través do Galicia Emprende o ano pasado concedéronse apoios a un total de 81 proxectos empresariais, que supoñen investimentos por case 7 millóns de euros e a creación ou mantemento de 235 postos de traballo. O programa Galicia Emprende compleméntase coas diferentes ferramentas de financiamento do programa Galicia 1000, entre as que se inclúen liñas de préstamos e microcréditos con xuros bonificados, así como o capital risco de Xesgalicia.

Entre os instrumentos para impulsar o emprendemento cos que conta a Xunta está a Rede de Aceleradoras de Galicia, que nos últimos catro anos facilitou o desenvolvemento de máis de 500 proxectos, que supuxeron a mobilización de 14 millóns de euros, rede na que se inclúen iniciativas como Vía Galicia ou a Business Factory Auto, que vén de abrir a segunda convocatoria para a presentación de proxectos ata o próximo 15 de agosto.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada