A sexta edición dos Premios da D O Ribeiro premian á Master of Wine, xornalista e escritora británica, Sarah Jane Evans MW cun novo premio ‘Persoeiro de Honra’

Congregaranse máis de 250 profesionais adegueiros, colleiteiros, distribuidores, almacenistas, xornalistas divulgadores ou prescriptores

Los premiados en 2014.

Los premiados en 2014.

O Mosteiro de San Clodio, en Leiro (Ourense), recibirá o martes 20 de xuño ás 19.00 horas aos premiados e convidados da sexta edición dos Premios da Denominación de Orixe Ribeiro.
O Consello Regulador da D.O. máis antiga de Galicia é o organizador desta cita que quere celebrar o bo traballo dos profesionais e divulgar a calidade dos seus viños.

Nela congregaranse máis de 250 profesionais adegueiros, colleiteiros, distribuidores, almacenistas, xornalistas divulgadores ou prescriptores.

O Consello homenaxea, nas súas categorías honoríficas, a traxectoria salientable de varias personalidades.

A Master of Wine, xornalista e escritora británica, Sarah Jane Evans MW é o novo premio “Persoeiro de Honra”; o xornalista catalán Joan Gómez Pallarés, o “Premio á Mellor Tarefa de Comunicación”; a sumiller galega radicada en Madrid Mónica Fernández acada o galardón “Muller e Viño”; e Arsenio Paz, responsable da adega Vilerma, recibirá o “Premio Vida entre Vides”.

Tamén se conceden galardóns en tres categorías dedicadas aos profesionais das viñotecas e locais de restauración e hostalería, outorgados directamente polas adegas adscritas á Denominación.

Na categoría de “Mellor Tenda Especializada – Viñoteca” son candidatos: Casa Amador (Ferrol), El Yate (Vigo) e La Sucursal (Lugo).

Na categoría de “Mellor taberna – Bar de Viños”, os aspirantes son: Mesón Picasso (Ferrol), Casa de vinos Montecarlo (A Coruña) e Bagos (Pontevedra).

Por último, na categoría de “Mellor Servizo de Viño en Restaurante”, os finalistas son: O Retiro da Costiña (Santa Comba), A Mundiña (A Coruña) e O Barazal (Maside).

Ademais, durante o evento desvelaranse os gañadores das categorías: “Mellor viño branco adega”; “Mellor viño branco colleiteiro”; e “Mellor viño tinto”.

Perfís dos gañadores

Sarah Jane Evans, Master of Wine, é unha escritora de viños galardoada, especialista en viños e gastronomía de España. Foi xornalista, editora de revista, escritora de libros e traballou en televisión e radio. É co presidenta dos Decanter World Wine Awards, o concurso de viños máis grande no mundo.

Evans sucede no galardón Persoeiro de Honra ao xornalista Cristino Álvarez, gañador en 2016; en 2015, foi recollido polos restaurantes e cociñeiros galegos con Estrela Michelin e na edición 2014 recoñeceu ao sumiller Josep Roca (El Celler de Can Roca).

Joan Gómez Pallarés é o responsable do blog De vinis, ademais de colaborador de El País Semanal. Na súa longa andaina implicouse en numerosas iniciativas e medios, como a Bullipedia, Cutpages ou El Periódico de Catalunya.

No 2016 o Premio “Mellor Tarefa de Comunicación” foi para Salvador Manjón, director de La Semana Vitivinícola.

Mónica Fernández, nada en Quiroga (Lugo), é a directora de sala e sumiller dos restaurantes do Grupo Bambú. Recibiu o Prix au Sommelier (Premio ao Sumiller) outorgado pola Academia Internacional de Gastronomía no 2017 e o Premio Nacional de Gastronomía 2015 á mellor directora de sala.

Mayte Santa Cecilia, directora de Marketing e de compras das tendas Bodega Santa Cecilia, recolleu o Premio “Muller e Viño” en 2016.

Arsenio Paz adquiriu xunto a Chon Labrador o lugar de A Vilerma no 1977 e quixo comezar a facer viño para os seus amigos. Apostou por recuperar as variedades tradicionais e, aos poucos, lanzouse á explotación profesional do viñedo e contribuíu á revalorización e modernización dos viños do Ribeiro. No 1987 saíron ao mercado as botellas de Vilerma, branco e tinto.

No 2016, o Premio “Vida entre Vides” homenaxeou a Avelino Lorenzo.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada