A Xunta bonificará ata nun 100% os xuros dos préstamos destinados a financiar obras de rehabilitación de vivendas

Tres obreros trabajan en la construcción de una vivienda.

Tres obreros trabajan en la construcción de una vivienda.

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe en rolda de prensa que o Consello vén de aprobar un investimento de 1,8 millóns de euros para bonificar ata nun 100% os xuros dos préstamos destinados a financiar obras de renovación e reforma de vivendas. Trátase dunha medida pioneira a través da cal a Xunta seguirá cumprindo co compromiso de impulsar as rehabilitacións e dinamizar os cascos históricos.

O Diario Oficial de Galicia publicará en próximas datas a convocatoria destas axudas correspondentes ao ano 2017. Neste senso, Rueda precisou que poderán ser beneficiarias desta axudas as persoas físicas que promovan as actuacións de rehabilitación, xa sexan propietarias ou teñan calquera outro título que acredite a posesión do inmoble; e no caso de actuacións promovidas por comunidades de propietarios, poderán ser beneficiarias os que sexan membros de dita comunidade e en función da súa porcentaxe de participación nas obras.

As axudas artellaranse a través dos convenios asinados pola Consellería de Infraestruturas e Vivenda con Abanca, Caixa Rural Galega, Caixabank e o Banco Sabadell, que consistirán na subsidiación dos xuros dos préstamos para as persoas que cumpran os requisitos previstos, cuxa porcentaxe dependerá do nivel de ingresos da unidade de convivencia do beneficiario.

Os créditos serán sen xuros para as familias con ingresos de ata 4 veces o IPREM e a intereses baixos para as de ingresos superiores. No caso de persoas con ingresos maiores de 5,5, veces o IPREM e que non superen as 6,5 veces, aínda que non terán bonificacións nos intereses, si disporán de facilidades na concesión do préstamo.

Por outra banda, o importe máximo do préstamo fíxase en 30.000 euros para aqueles de carácter persoal e en 60.000 no caso de préstamos hipotecarios. Poderán formalizarse con garantía hipotecaria ou persoal e estarán exentos de calquera tipo de comisión e o prazo de amortización estará entre seis meses e quince anos, cun período de carencia inicial de ata dous anos como máximo.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada