Medio Ambiente e Sogama lanzan un decálogo para axudar a reducir o desperdicio alimentario

Una persona solidaria canjeando alimentos por entrada concierto Orquesta Clásica de Vigo.

Una persona solidaria canjeando alimentos por entrada concierto Orquesta Clásica de Vigo.

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio lanza, en colaboración con Sogama, un decálogo de recomendacións para axudar a reducir o desperdicio alimentario. Con esta iniciativa, a Xunta de Galicia quere difundir cinco sinxelos pasos para evitar que a maior parte da comida que compramos acabe no caldeiro do lixo.

Deste xeito, e en liña coa propósito marcado polo Parlamento Europeo para que, no horizonte de 2030, se reduza á metade o desperdicio alimentario; o departamento de Medio Ambiente publica a través da web de Sogama unha lista de cinco recomendacións que contribuirán a acadar este obxectivo.

Así, invítase á cidadanía a facer un consumo responsable mediante unha compra planificada e unha simple ollada ao frigorífico, antes de saír ao mercado, para comprobar os alimentos que realmente nos fan falta. Ademais, a aposta polos produtos a granel, locais, de calidade e de tempada nos pode axudar a diminuír os desperdicios alimentarios, así como ter clara a diferencia entre a data de caducidade e o consumo preferente dos produtos.

Neste senso, cómpre ter en conta que a data de caducidade indica o día límite dun alimento en bo estado, mentres que a data de consumo preferente refírese ao tempo no que o produto aínda mantén intactas as súas propiedades, pero que, transcorrido ese tempo, algunhas das súas características poden verse alteradas (sabor e textura, por exemplo).

Desbotar vellas crenza
Ademais, axeitar as racións ao número de comensais tamén axuda a acadar o obxectivo de reducir ao mínimo a cantidade de alimentos que desperdiciamos. Para iso, cómpre ir mudando a crenza de que ‘máis vale que sobre ca que falte’. Así, se sobra comida, consérvaa para outro momento e mesmo a podemos conxelar e consumir máis adiante (máis información en www.aproveitatedoquechesobra.es). Igualmente, se nos atopamos nun restaurante, o que nos sobra podemos aproveitalo no fogar. Basta con pedir que no lo poñan para levar.
As vantaxes da compostaxe doméstica
Por último, a Consellería de Medio Ambiente e Sogama aconsellan ás persoas que dispoñen de xardín ou horta que aproveiten as vantaxes da compostaxe doméstica co obxectivo de transformar os residuos orgánicos nun abono de alta calidad. Os interesados poden obter máis información a este respecto na web www.compostaconsogama.gal, onde se mostra o proceso, así como as potencialidades do autocompostaxe para poder sacarlle o maior rendemento aos restos de comida non comestibles.

Para repañar o prato
A Consellería de Medio Ambiente publicará este decálogo a través da web de Sogama, onde, ademais, pódese atopar un libro de receitas Para repañar o prato!, que ofrece unha gran variedade de menús elaborados con comida sobrante, así como un amplo abano de suxestións para conservar os alimentos. O libro de receitas está a disposición do público aquí.

É importante recordar que cada ano tíranse en Europa ao redor de 89 millóns de toneladas de alimentos e estímase que os fogares son responsables de que o 42 por cento da comida acabe no cubo do lixo, coa particularidade de que o desperdicio alimentario representa o terceiro emisor de carbono. De feito, a Comisión Europea xa alertou no seu momento sobre este problema e o Parlamento Europeo propuxo que, no horizonte de 2030, se reduza á metade o desperdicio alimentario.

No noso caso, os alimentos que maioritariamente tiramos ao lixo son as froitas, as verduras e o pan fresco. As causas máis comúns desta mala praxe están nas compras compulsivas, sempre lonxe das necesidades reais; a deficiente conservación ou almacenamento polo exceso de tempo, o esquecemento para o consumo, produtos caducados, exceso de comida ou preparación impropia, as excesivas cantidades á hora de servir as racións, os packs ou envases demasiado grandes e os produtos coa data de consumo preferente expirada.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada