Conde ofrece a colaboración da Xunta ao tecido empresarial da zona de Salvaterra de Miño para impulsar o seu crecemento

Conde

O conselleiro de Economía, Francisco Conde. ARCHIVO.

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, ofreceu hoxe en Salvaterra de Miño a colaboración da Xunta para o fortalecemento e impulso do tecido empresarial durante unha xornada de traballo con empresarios das comarcas do Condado, da Paradanta e do concello de Salceda de Caselas, integrantes do grupo de desenvolvemento rural.

Conde agradeceu a oportunidade que o acto lle brindou para coñecer de preto tanto os proxectos como as propostas do tecido empresarial desta zona e trasladoulles as principais medidas e programas cos que a Xunta pretende facer de Galicia unha terra de oportunidades.

Neste sentido, lembrou o firme compromiso do Goberno galego co rural a través de medidas específicas como Galicia Rural Emprende, que pretenden dinamizar a economía destas zonas estimulando a creación de empresas e mellorando a formación dos seus veciños co obxectivo de fixar poboación nestes territorios.

O conselleiro explicou que a Xunta traballa para acompañar, en todo momento, a todo aquel que quere poñer en marcha ou ampliar un proxecto empresarial con medidas que van desde a simplificación administrativa ata a captación de investimento, o asesoramento ou o financiamento. Tamén lembrou a importancia de abrir novas oportunidades e mercados en base ás principais fortalezas de cada zona para identificar as vantaxes competitivas. Así, puxo en valor o potencial do sector vitivinícola destas comarcas.

Finalmente, o conselleiro defendeu que as administracións, o tecido empresarial e os centros tecnolóxicos e de coñecemento sumen os seus esforzos e deseñen unha axenda común para impulsar a economía galega e mellorar a súa competitividade.

Print Friendly
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada