Biospeed Dating, encontro de networking do sector biotecnolóxico e saúde, explora distintas axudas ao sector biotecnolóxico

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, salienta que a través desta folla de ruta a Xunta está apoiando de forma decidida ao sector, preparado para competir nos mercados internacionais.

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, salienta que a través desta folla de ruta a Xunta está apoiando de forma decidida ao sector, preparado para competir nos mercados internacionais.

A directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Patricia Argerey, presentou esta tarde na quinta edición do Biospeed Dating, encontro de networking do sector biotecnolóxico e saúde, os principais resultados do Informe do sector biotecnolóxico en Galicia 2015, ao tempo que informou dos diferentes apoios que a Axencia ten en marcha das que se poden beneficiar os axentes destes ámbitos.

O informe, primeiro no que se define e caracteriza o sector a nivel autonómico e que se prevé editar anualmente, pon de relevo que a biotecnoloxía galega ten grandes fortalezas, e está preparada para competir nos mercados internacionais. Por este motivo, a Xunta está apoiando decididamente ás empresas co obxectivo de consolidar a Galicia como un referente fóra das nosas fronteiras, a través da Estratexia de Impulso á Biotecnoloxía, aprobada en 2016. Esta folla de ruta, na que a Xunta xa investiu preto de 20 millóns de euros no primeiro ano, prevé mobilizar 200 millóns de euros ata 2020, dos que 125 millóns de euros proceden de fondos públicos.

No encontro, organizado polo Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida (Bioga) e GAIN en colaboración co Clúster da Saúde de Galicia (CSG), Patricia Argerey explicou as diferentes iniciativas das que poden beneficiarse os axentes do sector biotecnoloxía-saúde. En primeiro lugar, o programa Principia, cuxa segunda edición está actualmente aberta, e que está dirixida á contratación de mozos e mozas de ata 35 anos para a realización de actividades de I+D+i por parte de empresas e organismos de investigación.

No ámbito do fortalecemento e consolidación empresarial, Argerey presentou o programa Agrobiotech, unha aceleradora de innovación enfocada á consolidación de pemes innovadoras nos ámbitos da biotecnoloxía, agroalimentación e biomasa; o programa Innova Peme, que se aprobou hoxe no Consello da Xunta, ou o Conecta Peme, que apoia a innovación aberta e está especificamente deseñado para pequenas e medianas empresas. Ademais, no campo da atracción de empresas tractoras cara Galicia, Argerey citou a convocatoria de Unidades Mixtas de Investigación, cuxa cuarta edición permanece aberta.

Resultados destacados do informe
Algúns dos indicadores máis destacados do informe presentado hoxe son que Galicia é a terceira comunidade más bioemprendedora. Tamén se recolle que nos últimos tres anos as empresas usuarias de biotecnoloxía medraron un 86%; case a metade das empresas do sector se crearon nos últimos cinco anos e que o sector biotech en Galicia emprega a máis de 2100 persoas, das que o 53% foron contratadas en 2014. No ámbito da produción científica, a biotecnoloxía xera preto do 38% das publicacións científicas en Galicia; rexistrou 307 solicitudes de patentes de invencións biotecnolóxicas entre 2011 e 2014; e captou máis de 27 millóns de euros en programas estatais e europeos de I+D+i.

Print Friendly
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada