Expourense también piensa en las necesidades de los bebés

IMG_6552Reunir nun só espazo os produtos e servizos que precisa un bebé e os seus proxenitores, cubrindo as necesidades dende o propio embarazo ata chegar á  idade escolar (3 anos). Este é o obxectivo de Bebega, a 1ª Feira do Bebé de Galicia que se celebrará en Expourense a fin de semana do 14 e 15 de outubro e que pretende converterse no espazo especializado de referencia tanto para as empresas do sector como para as familias, xa que na actualidade non se celebra na nosa comunidade ningunha feira destas características.

Bebega converterase no punto de encontro entre os recentemente nados e os produtos e servizos máis novidosos, ademais das últimas tendencias no coidado do bebé que apostan pola volta á crianza natural (promoción da lactancia materna, cueiros de tela, alimentos naturais, tecidos orgánicos, …), sen deixar de lado as innovacións tecnolóxicas.

En Bebega teñen cabida sectores como a nutrición, puericultura, roupa, calzado, fisioterapia para mamás e bebés, servizos médicos pediátricos, seguridade, hixiene, educación, mobiliario, electrodomésticos, viaxes dirixidas ás familias, organizadores de actividades de lecer e tempo libre, animación infantil, servizos de axuda á lactancia, clases preparto e postparto, etc.

Ademais da área de exposición, Bebega contará cun programa paralelo composto por actividades complementarias como charlas sobre o embarazo e o parto, lactancia, primeiros coidados, estimulación, etc. Tamén haberá espazos dirixidos ao entretemento dos máis pequenos.

IMG_6551

Esta primeira edición de Bebega coincidirá en tempo e espazo con Celebra, Salón de Vodas, Bautizos, Comuñóns e Actos Sociais que cumpre xa 18 edicións presentando todo o necesario para organizar calquera evento familiar ou empresarial. O comité asesor xa está a preparar a pasarela de moda nupcial e festa que adoita ser o punto forte desta cita á que acoden cada ano máis de 5.000 persoas, a meirande parte delas público obxectivo que busca asesoramento para un evento.

Continúa aberta a contratación de espazos para as empresas que queiran participar nesta dobre cita para as familias. Os interesados poden chamar ao 988 36 60 30 ou escribir a expourense@expourense.org. A información irase actualizado en www.expourense.org e nos perfís sociais (www.facebook.com/bebega e @bebega2017 en Twitter).

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada