374 agricultores galegos recibirán a partir da próxima semana as primeiras indemnizacións por retirada de pataca

La conselleira Ángeles Vázquez. ARCHIVO.

La conselleira Ángeles Vázquez. ARCHIVO.

A partir da vindeira semana comezarán a aboarse por parte da Consellería do Medio Rural as indemnizacións pola retirada de pataca nas zonas afectadas pola praga da couza guatemalteca. Está previsto que 374 agricultores aos que xa se lles revisaron os seus expedientes e cumprían os requisitos poidan cobrar as correspondentes compensacións. Deles, 241 corresponden á provincia de Lugo e os 133 restantes á da Coruña.

Así, o confirmou a directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, na comisión técnica de seguimento da couza guatemalteca da pataca, que se reunía hoxe por primeira vez e na que están representados, ademais da Xunta, a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), o Laboratorio Fitopatolóxico de Galicia e a Indicación Xeográfica Protexida Pataca de Galicia. Este ente naceu co obxectivo de compartir a información ao respecto das medidas de control que se están levando a cabo, así como da evolución da praga. Cómpre destacar que a composición desta comisión foi acordada no Parlamento por unanimidade dos grupos políticos.

Neste encontro avaliouse o efectivo cumprimento da normativa establecida para a couza e os datos que indican a súa evolución favorable. Por parte da Consellería do Medio Rural confirmouse que continuará a vixilancia das zonas infestada e tampón, así como as principais áreas produtoras de pataca en Galicia. De feito, hai instaladas máis de mil trampas por todo o territorio galego para facer un seguimento permanente da situación.

Do mesmo xeito, constatouse tamén que esta xestión non foi posta en cuestión, en ningún momento, polas autoridades comunitarias, xa que a última auditoría realizada remóntase a outubro do pasado ano, cando aínda non se supervisaran todos os traballos levados a cabo nin estes estaban recollidos no Real Decreto do Goberno Central.

COMPENSACIÓNS

Respecto ás indemnización polos tubérculos entregados, faranse en función dos baremos establecidos polo tipo e os quilos de tubérculo entregado, tal e como establece a lei. Polo tanto, as patacas de semente pagaranse a 0,70 euros o quilo, a de consumo (pataca vella) a 0,30 euros e a arrincada das zonas infestadas a 0,40 euros o metro cadrado de superficie plantada.
O prazo para solicitar as indemnizacións remata o 30 de setembro e a orde de axudas está dotada con 250.000 euros, que se incrementaría no caso de que fose necesario para que todos os afectados queden cubertos.

Na nosa comunidade foron declaradas máis de 8.000 parcelas de 6.520 propietarios, ademais de 15 almacéns. Nestes case dous meses de traballo, a consellería recolleu e destruíu 303 toneladas de pataca dos particulares, dos cales 203 toneladas correspóndense aos tubérculos levantados nos municipios da provincia de Lugo e 100 aos concellos da provincia da Coruña. Ademais, a esta cifra hai que sumarlle preto de 50 toneladas máis procedente de almacéns.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada