O turismo internacional acada en Galicia o seu maior crecemento dos últimos seis anos

TURISMO INTERNACIONALO sector turístico en Galicia continúa captando cada vez máis viaxeiros estranxeiros e nos cinco primeiros meses do ano viviu o seu maior crecemento dos últimos seis anos, cunha subida 12,2% nas pernoitas e do 9% no número de persoas aloxadas. Iso fai que as pernoitas internacionais de xaneiro a maio rocen as 640.000, o seu máximo histórico. O seu peso total neste período é de case o 25%, o que confirma a tendencia de internacionalización que o turismo está a vivir en Galicia.

Segundo os datos publicados hoxe na Enquisa de ocupación en aloxamentos regrados do Instituto Nacional de Estatística (INE), o número total de viaxeiros elevouse ata os máis de 1,4 millóns nos cinco primeiros meses do ano, unha cifra nunca antes acadada en Galicia. Representa unha subida do 6,2% respecto ao mesmo período do 2016. As pernoitas rozaron os 2,6 millóns tras experimentar tamén un destacado incremento, neste caso do 7,7%.

De xaneiro a maio, o 91% da demanda turística regrada correspondeu aos establecementos hoteleiros, que creceron un 6%. Os establecementos extrahoteleiros incrementaron o seu volume de viaxeiros nun 8,6%. Aínda que a mellora foi xeneralizada entre as distintas modalidades de aloxamento, destaca o crecemento do 36,4% da demanda nos cámpings.

MÁXIMO HISTÓRICO

Maio consolidou as boas cifras dos catro meses anteriores, pois no quinto mes do ano o volume de viaxeiros aloxados nos establecementos regrados da Comunidade medrou un 3% ata superar os 431.000, o que supón un máximo histórico neste mes. As pernoitas tamén creceron un 5,8% ata preto das 750.000, a cifra máis elevada en sete anos.

Esta subida produciuse gracias sobre todo aos turistas estranxeiros, un mercado que supuxo máis do 42% do total de viaxeiros aloxados nese quinto mes do ano. Entre este segmento, a cifra de viaxeiros aloxados aumentou un 3,5% e as pernoitas un 7%, rexistros nunca antes acadados no mes de maio. En canto aos turistas nacionais, o incremento foi do 2,6% no número de turistas e do 5,2% nas pernoitas, os datos máis elevados desde 2010.

Por tipoloxía de aloxamentos, os establecementos hoteleiros absorberon o 91% da demanda turística, con preto de 396.000 persoas aloxadas. Os hoteis creceron un 7,6% mentres que os establecementos extrahoteleiros fixérono nun 8,2% con 35.000 viaxeiros. Dentro deles, os cámpings se elevaron nun 34% e os apartamentos turísticos en máis dun 19%.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada