O XIV Rally Sur do Condado percorre 5 treitos diferentes a dobre pasada

A primeira tenente alcalde  Marta Valcarcel, a presidenta da Escudería Suco,  Lorena Gonzalez e o director de carreira,  Ignacio Davila, na Casa do Concello de Salvaterra, onde  expuxeron o pasado mércores os pormenores da proba.

O XIV Rally Sur do Condado, no Concello de Salvaterra de Miño, comeza este sábado. A proba este ano conta con 5 treitos diferentes a dobre pasada, onde os pilotos correrán un total de 111 km cronometrados.

A sáida vai ser ás 7.30 horas do Parque da Canuda e a chegada á noite contra ás 21.45 horas á praza do Concello de Salvaterra de Miño. Haberá unha cerimonia de chegada con todos os participantes que finalicen a proba. Recibirán, así mesmo, un agasallo de recordo.

A entrega de premios terá lugar á 0.30 do domingo e os vencedores destaparán viño espumoso para celebralo.

A organización destaca a importancia da seguridade. Cómpre que os espectadores se sitúen en sitios seguros, atendendo sempre as indicacións da organización, para poder gozar deste deporte apaixonante.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada