Galicia volverá representar a España ante a Unión Europea en materia pesqueira no próximo semestre

QuintanaGalicia, a través da Consellería do Mar, representará durante o próximo semestre ao resto das comunidades españolas ante a UE en materia de pesca. Así se acordou esta tarde en Madrid no Consello Consultivo de Política Pesqueira para asuntos comunitarios no que participou a Conselleira do Mar, Rosa Quintana.

A comunidade de Castela e León cede á nosa comunidade o poder que permitirá a Galicia unha vez máis “ter voz en Europa”. A Consellería do Mar afronta esta representatividade nun momento clave xa que permitirá estar preto de procesos de vital interese para o noso sector, como por exemplo o Brexit e a negociación dos TACs e cotas de pesca do ano que vén.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada