Máis de 2000 pacientes beneficiáronse do Plan galego de atención ao ictus durante o seu primeiro ano de funcionamento

Durante este tempo o Código Ictus activouse en 2237 ocasións

El conselleiro  acompañado en una presentación por el director de Asistencia Sanitaria del Sergas, Jorge Aboal Viñas.

El conselleiro acompañado en una presentación por el director de Asistencia Sanitaria del Sergas, Jorge Aboal Viñas.

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, informou hoxe no Parlamento dos resultados do Plan Galego de Atención ao Ictus tras a súa posta en marcha, o 4 de xuño de 2016. O Plan permite diminuír a mortalidade das persoas que sofren un ictus isquémico en Galicia. O seu obxectivo é reducir o tempo transcorrido entre o inicio dos síntomas e a chegada ao hospital, diminuír a demora na confirmación diagnóstica, adecuar o procedemento terapéutico ás necesidades específicas asistenciais do paciente e coordinar a actuación entre os distintos profesionais.

Durante este ano activouse o Código Ictus en 2.237 ocasións. É dicir, máis de 2.000 pacientes foron atendidos nas primeiras catro horas e media dende que sofreron o ictus. A 418 deles practicóuselles fibrinolises intravenosas e a 128 trombectomías mecánicas.

Segundo explicou Almuiña, un dos aspectos máis salientables do Plan foi a creación dunha Central de Atención ao Ictus (CAI) para toda Galicia, coa que pode conectar calquera médico dun servizo de urxencias hospitalarias que atende a un paciente con ictus. Deste xeito, achégase a mellor atención ao paciente, independentemente do lugar no que se atope.

COLABORACIÓN

Por outra banda, o conselleiro de Sanidade destacou tamén hoxe a importancia da colaboración entre a Administración sanitaria e os colexios profesionais na loita contra a intrusión profesional, xa que son eles, dixo, os que asumen a función de defender os intereses lexítimos das profesións sanitarias.

Neste sentido, a Organización Médica Colexial fixo pública recentemente a creación dun observatorio para facilitar a información adecuada á poboación e evitar situacións enganosas relacionadas con este eido e coa publicidade irresponsable.

No Pleno do Parlamento, o conselleiro salientou que, segundo a información facilitada polos servizos de Inspección de Servizos Sanitarios, no período 2015-2017 realizáronse 30 actuacións relacionadas coa intrusión profesional, e que todas as reclamacións recibidas neste eido son atendidas.

CIRUXÍA PEDIATRICA

Por outra banda, o conselleiro de Sanidade falou da situación da cirurxía pediátrica en Ourense. Almuiña defende que o Servizo Galego de Saúde, e a Xerencia de Ourense, teñen como obxectivo irrenunciable ofrecer unha asistencia sanitaria segura e de calidade a todos os pacientes e cidadáns aos que presta servizos.O conselleiro remarcou que no caso da cirurxía pediátrica de Ourense prima tamén a calidade e a seguridade dos nenos atendidos, coa mellor organización e medios dispoñibles.

Por último, Almuiña destacou que o servizo compartido entre Vigo e Ourense fai posible que moitos casos poidan ser atendidos en Ourense, ás veces por profesionais que se desprazan desde Vigo para as intervencións, e desprazando a Vigo aqueles casos que pola súa complexidade requiren doutras instalacións ou equipos. A creación de servizos compartidos responde á necesidade de organizar a prestación dun servizo cos profesionais máis competentes.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada