Investidos 21 damas e cabaleiros da Orde do Camiño de Santiago no Hostal dos Reis Católicos da capital galega

Nava1A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, asistiu este sábado ao acto solemne de investidura de 21 damas e cabaleiros da Orde do Camiño de Santiago, que celebrou o seu XXI Capítulo Xeral no Hostal dos Reis Católicos. Na súa intervención ante os asistentes á cita, Nava Castro lembrou a importancia que para a Xunta ten a colaboración das numerosas asociacións que, espalladas polo mundo, integran o fenómeno xacobeo e coas que o Goberno galego mantén un contacto constante.

Así o reflicte o Plan director e estratéxico do Camiño de Santiago, a folla de ruta coa que a Xunta traballa sen perder de vista o Xacobeo 2021 e que, segundo manifestou a directora de Turismo, “está permitindo mellorar dun modo moi importante o presente da peregrinación”, que nos últimos tempos adquiriu unha dimensión internacional nunca antes rexistrada.

No marco de dito plan desenvolvéronse numerosas iniciativas, algunhas das cales foron presentadas nos últimos días, como os traballos de mellora e sinalización no Camiño do Norte e no Camiño Primitivo, os itinerarios que en 2015 incorporáronse a la prestixiosa lista do Patrimonio Mundial da Unesco, na que se atopaba xa o Camiño Francés.

O plan, do que se executou preto dun 60%, conta cun investimento de máis de 56 millóns de euros e céntrase en eidos moi diversos como a calidade na acollida, a sustentabilidade medioambiental, a investigación ou a accesibilidade. Precisamente esta mesma semana foi presentado o Plan de accesibilidade turística de Galicia e do Camiño de Santiago, que senta as bases para converter Galicia nun referente do turismo inclusivo. Nel contéñense medidas para garantir que as persoas con diversidade funcional poidan gozar dos recursos turísticos.

De todas estas iniciativas poderán beneficiarse os miles de peregrinos que cada ano chegan a Santiago de Compostela. Despois dun 2016 no que se superaron todos os rexistros, esta tendencia á alza mantense nos primeiros meses de este ano. De feito, a día de hoxe xa remataron a súa peregrinaxe máis de 130.000 peregrinos, unha subida superior ao 9%.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada