Nava Castro salienta o papel da investigación e divulgación ao redor do Camiño de Santiago para fortalecer as súas raíces

A directora de Turismo asistiu á apertura das X Leccións Xacobeas Internacionais na USC, nas que especialistas de todo o mundo expoñen os seus últimos estudios.

A directora de Turismo asistiu á apertura das X Leccións Xacobeas Internacionais na USC, nas que especialistas de todo o mundo expoñen os seus últimos estudios.

A directora de Turismo, Nava Castro, participou hoxe na inauguración das X Leccións Xacobeas Internacionais organizadas pola Universidade de Santiago. Na súa intervención, Nava Castro afondou na importancia que a investigación en torno ao Camiño de Santiago ten “para fortalecer as raíces da peregrinaxe e mirar con garantías ao futuro”. Por iso, felicitou aos directores destas xornadas que, ao longo de catro días, reúne na capital galega a especialistas nesta materia de diferentes países.

Nava Castro salientou a relevancia de promover estes estudos desde a meta do Camiño de Santiago, motivo polo que Turismo de Galicia, en colaboración con outras institucións, está a impulsar a Cátedra do Camiño de Santiago e as Peregrinacións, como fonte para difundir e xerar novos contidos e aglutinar os avances realizados neste sentido no eido académico.

“As Leccións Xacobeas Internacionais na USC, gracias á súa vontade de perseveranza, constitúen una cita imprescindible cada verán coa investigación e a divulgación do Camiño de Santiago”, afirmou a directora de Turismo, que puxo en valor a diversidade de enfoques e temas abordados ao longo desta década, cun abano de disciplinas que van desde a arte, a historia e a literatura, aos ritos, a música, a gastronomía, a liturxia ou a hospitalidade.

30 ANOS

Precisamente as xornadas que comezaron hoxe, que se desenvolven no auditorio do Museo das Peregrinacións e de Santiago, xiran en torno aos trinta anos de declaración do Camiño de Santiago como Primeiro Itinerario Cultural Europeo. A efeméride se celebrará no mes de outubro e Turismo de Galicia está a traballar nunha programación especial “para afondar no seu legado cultural, que tanto nos enriquece”, destacou a directora de Turismo.

Nava Castro lembrou que o fomento da investigación xacobea representa unha das liñas estratéxicas do Plan director do Camiño de Santiago, do que xa se executou ao redor dun 60% do seu investimento, que ascende a 56 millóns de euros. Gracias á súa aplicación están a obterse melloras en eidos como a recuperación e construción de infraestruturas, a sinalización, o mantemento, a sustentabilidade medioambiental ou a accesibilidade.

Neste último apartado está xa en marcha o Plan de accesibilidade turística de Galicia e do Camiño de Santiago, presentado a semana pasada e que quere “favorecer que as persoas con diversidade funcional podan vivir tamén esta experiencia en igualdade de condicións”.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada