O Gran Montecelo suporá ampliar o hospital público nunha superficie equivalente a dous hospitais comarcais

O presidente da Xunta encabezou a presentación do Plan Director da ampliación do hospital pontevedrés.

O presidente da Xunta encabezou a presentación do Plan Director da ampliación do hospital pontevedrés.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, asegurou hoxe que o Gran Montecelo suporá ampliar o hospital público nunha superficie equivalente a dous hospitais comarcais, en torno a 40.000 metros cadrados na primeira fase. Na segunda fase mellorarase tamén a superficie actual.

Feijóo describiu as melloras que terá o hospital pontevedrés na presentación do seu Plan Director. O Gran Montecelo será “o primeiro hospital de España construído a partir do diálogo e das achegas de todos os axentes implicados”, pois para elaborar este documento foron consultados máis de 300 profesionais sanitarios, cinco asociacións, os colexios profesionais de Médicos e Fisioterapeutas e os profesionais do centro penitenciario da Lama. O presidente agradeceu tamén “a responsabilidade e a altura de miras do Concello de Pontevedra”.

Ademais, realizáronse máis de 2300 enquisas a usuarios, nas que estes identificaron tres prioridades: unhas urxencias máis espazosas, habitacións máis amplas e melloras no Hospital de día. Por iso, o 57% dos cuartos serán individuais, aumenta nun 92% o número de salas e postos de urxencias e súmanse un 49% máis de postos no Hospital de día. “No Gran Montecelo mellorará a experiencia hospitalaria no seu conxunto”, resumiu Feijóo, que destacou especialmente as melloras na comodidade, na intimidade e nos espazos de esparcemento para pacientes e familiares.

O Gran Montecelo incorporará tamén máis especialidades hospitalarias, como a nova UCI pediátrica e unha unidade de oncoloxía radioterápica, ademais de 120 camas máis. Deste xeito, séguese avanzando na renovación do mapa sanitario de Galicia, que xa deu froitos nos dous novos hospitais de Vigo e Lugo, o Plan Director para a ampliación do de Ferrol, a ampliación dos hospitais do Salnés e da Costa, o novo edificio de hospitalización de Ourense e o novo bloque cirúrxico da Coruña, que comezarán a funcionar tralo verán.

MELLORAS ÁREA

En Pontevedra incorporáronse tres novos quirófanos no Hospital Provincial, púxose en marcha o centro de saúde da Parda, ademais de novos servizos no Montecelo (como a Unidade post-endoscópica, o novo Hospital de día psiquiátrico e a ampliación da área de Oncoloxía) e varias melloras no Centro de especialidades de Mollabao.

Paralelamente, melloraron tamén os datos asistenciais e reducíronse as listas de espera. Demóstrano datos como o incremento dun 8,5% nas intervencións en xornada ordinaria e dun 11% nas consultas hospitalarias en xornada ordinaria.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada