O programa StartUps R apoia as iniciativas que teñan recibido aprobación por parte dun grupo de aceleradoras

El conselleiro de Economía, Empleo e Industria, Francisco Conde, destaca que los esfuerzos del Gobierno gallego se centran en que ningún proyecto viable quede por el camino por falta de apoyo o de financiación.

El conselleiro de Economía, Empleo e Industria, Francisco Conde, destaca que los esfuerzos del Gobierno gallego se centran en que ningún proyecto viable quede por el camino por falta de apoyo o de financiación.

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, subliñou hoxe na presentación do programa StartUps R na Coruña a importancia de crear en Galicia un ecosistema innovador e fomentar o emprendemento tecnolóxico. Neste ámbito resaltou o importante papel que desenvolven as aceleradoras de emprendemento, nas que os proxectos empresariais reciben o impulso definitivo para converterse en startups consolidadas.

Así mesmo, Conde destacou a importancia da colaboración público-privada nestas ferramentas de impulso ao emprendemento, subliñando a nova iniciativa presentada hoxe pola compañía tecnolóxica galega.

O conselleiro apuntou que os esforzos do Goberno galego se centran en que ningún proxecto viable quede polo camiño por falta de apoio ou de financiamento, lembrando a posta en marcha de iniciativas específicas como o programa Galicia Emprende, cun orzamento de 5 millóns, ademais dos fondos de capital risco de XesGalicia, e outros apoios como a Rede Galega de Business Angels.

Conde recordou ademais que o Goberno galego aprobará proximamente o desenvolvemento dunha nova liña de préstamos cun orzamento de 33 millóns de euros para apoiar o emprendemento, a innovación e e a Industria 4.0 nas pemes e micropemes. Tamén fixo fincapé nas distintas medidas para avanzar na simplificación administrativa e facilitar a posta en marcha de negocios, como a futura Lei de implantación empresarial e a Oficina Doing Business.

O programa StartUps R, no que colabora a Consellería de Economía, Emprego e Industria, conecta a tecnoloxía e a capacidade innovadora de R con startups, aceleradoras, clientes e sectores produtivos para promover a innovación e o emprendemento en Galicia.

As áreas estratéxicas nas que R valorará o potencial de cada iniciativa son Internet das Cousas, intelixencia artificial, wifi e 5G, ciberseguridade, industria 4.0 e novos contidos. Tamén en áreas como o fogar dixital, dispositivos intelixentes, coche conectado, smart cities, ehealth, big data, ou analítica avanzada de datos, entre outros. A través desta iniciativa achegaráselles aos participantes apoio con servizos, equipamento e formación para que poidan desenvolver os seus proxectos tecnolóxicos.

O programa StartUps R apoia as iniciativas que teñan recibido aprobación por parte das aceleradoras implicadas, entre elas, Abanca Innova, Business Factory Auto (BFA), Conector Galicia, Incuvi Emprende, Viagalicia e Zarpamos, e nel poden entrar os proxectos incluídos nos últimos 3 anos neses programas de apoio.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada