A Xunta avalía a proposta do Ministerio de Xustiza para crear en Galicia catro novos xulgados

Detalle escultórico de la fachada principal del Tribunal Supremo.

Detalle escultórico de la fachada principal del Tribunal Supremo.

A Xunta de Galicia vén de enviar ao Ministerio de Xustiza un informe sobre a creación de catro novas unidades xudiciais en Galicia ao longo deste ano, que serían as que estaban previstas inicialmente para o ano 2016 e que aínda non se tiñan aprobado. A proposta avoga por novos xulgados en Coruña, Ferrol, Ourense e Vigo e está consensuada co Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

O Goberno galego vén de informar sobre a proposta plantexada polo Ministerio, na que se inclúen os novos xulgados que xa estaban previstos para Vigo e para Ourense, se engade un para Ferrol e se propoñía un Primeira Instancia para Coruña. Sen embargo, Xunta e TSXG consideran que dada a carga de traballo dos Xulgados do Social, se substitúa este Primeira Instancia número 14 polo Social número 6.

Ademais, a Xunta recorda na súa resposta unha vez máis a necesidade de crear máis unidades xudiciais en Galicia –a maiores destas catro-, agardando que na programación para 2018 se inclúan máis xulgados para dar resposta ás necesidades xudiciais.

Print Friendly
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada
1