Galicia faise con preto do 27% dos fondos estatais para os programas de sanidade vexetal

agriculturaGalicia recibirá este ano o 26,8% dos fondos que o Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente (Mapama) achega ás comunidades autónomas para desenvolver os seus programas de sanitarios. En concreto, a nosa comunidade recibirá case 1,4 millóns de euros e sitúase así como a segunda, só despois de Valencia, que máis orzamento recibe para a loita contra organismos nocivos.

No caso galego, esta partida destinarase na súa maioría ao programa de loita contra o nematodo do piñeiro e contra a couza da pataca. No primeiro caso, hai 692.000 euros que permitirán desenvolver, por exemplo, as mostraxe precisas, así como levar a cabo trampeo masivo para a captura do insecto que transmite o nematodo para evitar a súa dispersión e detectar a súa presenza. Para a couza achegaranse outros 640.000 euros que permitirán axudar a costear a destrución de tubérculos procedentes de zonas demarcadas, así como aboar as compensacións económicas dos agricultores afectados. Ademais, hai outros 63.000 para subvencionar as medidas urxentes para a erradicación e control da psílido africana dos cítricos.

En total, o Mapama achega este ano 5,2 millóns ás comunidades autónomas para estes programas de sanidade vexetal, cos que Galicia está especialmente comprometida. Só Valencia recibe máis fondos deste reparto estatal.

POLITICA SANITARIA

A Consellería do Medio Rural incrementou neste 2017 nun 15,3% o orzamento para sanidade vexetal, chegando aos preto de 2 millóns de euros para seguir levando a cabo os traballos de prevención e erradicación de pragas que poidan afectar ás producións agrícolas.

Ademais de facer investigación a través dos nosos centros de referencia (como o Laboratorio Agrario e Fitopatolóxico de Galicia) e o traballo de campo dos técnicos que analizan, detectan e combaten estas enfermidades, a Xunta tamén ten habilitadas axudas para compensar os viveiros e explotacións agrícolas que teñan que destruír plantas ou colleitas debido á afectación de pragas de corentena, polo tanto, falamos axudas para particulares e que neste ano ascenden a 250.000 euros.

Estas subvencións van destinadas a financiar procesos de destrución, desinfección, esterilización ou calquera outro tratamento aplicado oficialmente a vexetais contaminados, substratos de cultivo e terreos recoñecidos como contaminados ou os materiais de produción, acondicionamento, embalaxe ou almacenamento e mesmo medios de transporte que estiveran en contacto con ditos vexetais.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada