Ribadavia vive o espectáculo teatral da MIT con intensidade

A cabeza do Dragon

A cabeza do dragón, dirixido por Quico Cadaval.

A MIT reserva para a última fin de semana do festival dous dos mellores espectáculos galegos do ano, o espectacular SON, de Nova Galega de Danza e A cabeza do dragón, dirixido por Quico Cadaval.

A fin de semana estará chea de todo tipo de artes escénicas en Ribadavia: danza, circo contemporáneo, comedia, maxia.

O domingo estará a compañía de novo circo de Castela-León Cirk about it, que acaba de recibir os Premios FETEN 2017 ao mellor espectáculo de rúa e tamén o da Feria de Teatro de Castela-León. O mesmo día, continúa a programación no Castelo con Nova Galega de Danza, un gran espectáculo que fusiona distintos estilos, con gran vistosidade tanto na escenografía coma no vestiario, para evocar a paisaxe galega. O baile e a música deste espectáculo innovador, cautivarán ao público, como fixo na súa xira por fóra de Galicia, pois esta compañía ten unha forte presenza exterior.

O luns día 24 é o día de clausura e estará marcado pola maxia e pola fusión. A fusión da farsa coa tradición estética xaponesa. O espectáculo de peche será A cabeza do dragón, ás 23h no Castelo. Un formidable mundo de Valle-Inclán adaptado ao humor popular que tan ben domina Quico Cadaval e a súa compañía, nun elenco do que forman parte Quico Cadaval, María Costas, Iván Marcos, Yelena Molina, Víctor Mosqueira, Marcos Orsi, Josito Porto e Patricia Vázquez. A peza introduce elementos actuais coma a crítica social, brincadeiras políticas, anacronismos argumentais, comentarios alleos á tradición do conto marabilloso… A función liberadora do riso, a corrupción política, a violencia machista, a anacrónica institución da monarquía, o medo á liberdade ou a banalización do amor romántico son temas da obra que continúan de actualidade.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada
3