A Xunta destaca o potencial de emprendemento que teñen as mulleres no sector da pesca

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, mantivo esta mañá unha xuntanza con representantes da Asociación Nacional de Mulleres da Pesca.

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, mantivo esta mañá unha xuntanza con representantes da Asociación Nacional de Mulleres da Pesca.

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, destacou o potencial de emprendemento que teñen as mulleres no sector pesqueiro galego.

López Abella mantivo esta mañá unha xuntanza con representantes da Asociación Nacional de Mulleres da Pesca, concretamente coa presidenta Rita Míguez de la Iglesia, da Asociación de Mariscadoras de Virxe do Carme de Arcade; coa vicepresidenta, Marina Buceta, da Asociación Cultural Mulleres do Mar de Poio; e coa secretaria, Angeles Millé, da Asociación de Rederas O Fieital, que informaron á Secretaria Xeral sobre a constitución da entidade, os seus obxectivos, os traballos realizados ata o momento en materia de fomento do asociacionismo, así como das súas futuras liñas de traballo.

A titular de Igualdade lembrou que o VII Plan Estratéxico de Galicia para Igualdade de Oportunidades entre mulleres e homes 2017-2020 ten entre os seus obxectivos apoiar ás mulleres na incorporación ás estruturas de decisión do sector económico pesqueiro, e impulsar a empregabilidade e o desenvolvemento profesional das mulleres do mar como motor de dinamización e crecemento económico dos seus concellos

Concretamente, con medidas como a realización de accións de capacitación e mellora das competencias das mulleres para facilitar a súa incorporación ao sector pesqueiro, apoio ás iniciativas empresariais lideradas por mulleres e para a creación de emprego feminino no mar; apoio ao desenvolvemento profesional das mulleres do mar a través da incorporación da perspectiva de xénero ás estratexias de desenvolvemento local; e co deseño e execución de accións para o recoñecemento e posta en valor do traballo das mulleres do mar.
A Asociación Nacional de Mulleres da Pesca (ANMUPESCA), está formada formada por 12 colectivos de armadoras, redeiras, mariscadoras e outros perfís profesionais do sector pesqueiro. Estes 12 colectivos fundadores son: a Asociación de Mariscadoras Virxe do Carme de Arcade, a Asociación de Armadores de Santa Pola, a Asociación de Mulleres de la Pesca GALATEA, VENUX NUX, a Asociación de Redeiras O Fieital, a Asociación de Redeiras Profesionais “O Cerco” de Cangas do Morrazo, a Asociación de Mariscadoras de Río Anllóns, a Asociación de Redeiras do Baixo Miño Atalaia da Guarda, a Asociación Cultural Mulleres do Mar de Poio, a Organización de Productores de Pesca de Palangre ORPAL, a Asociación de Redeiras Illa da Estrela de Corme e a Asociación de Frigoríficos de Pesca Extractiva-AFRIPEX.

Print Friendly
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada