O espectáculo 'O Mundo a Dançar' chegou a Salvaterra na programación do Verán Cultural 2017

O son da Muralla, do máis tradicional e internacional

No escenario actuaron grupos de baile de México, Taiwan, Perú e Rusia

O recinto da muralla de Salvaterra lanzou a pasada noite os sons máis internacionais e tradicionais que endexamais se oíron. O espectáculo ‘O Mundo a Dançar” levou ao escenario bailaríns e bailarinas de México, Taiwan, Perú e Rusia. Cada un cos seus  propios músicos en vivo e cos traxes tradicionais da súa cultura dunha gran beleza e vistosidade.

Rusia foi o último en actuar e asombrou os salvaterrenses pola axilidade e xestualidade das súas bailarinas e bailaríns. Folk Dance Ensemble Stanitsa facían tamén interpretación no seu espectáculo que aínda chegaba a contar historias de amor entre mozos e mozas. Todo un espectáculo de gran teatralidade que pechou o festival alcanzando un gran nivel, apotetico quizais.

Taiwan achegou unha corrente de delicadeza oriental con YihuiDance Theatre. Bailarinas que con gran sutileza manexaban panos brancos cunha gran destreza ao son la música propia do país ou debuxando no aire con instrumentos figuras imaxinarias. Todo un alarde de sensibilidade e de espertar sentimentos.

México, por máis coñecido quizai non sorprendeu tanto, pero a vistosidade dos traxes das bailarinas cos reberetes das faldras pintados de cores tambén gustou así como o taconeado dos bailaríns. A Compañía Mexicana de Danza Folklórica (CMDF) comezou cun espectáculo de guerreiros, quizai aztecas, arredor do lume que talvez se prolongou un chisco máis do debido. Pero a vestimenta dos ‘guerreiros’ foi dunha gran  vistosidade  perdoóuselle o alargamento.

Fascinantes os peruanos da Asociación Cultural Qhaaswa. Exhibiron durante a súa actuación –como todos os grupos- distintos vestiarios de rechamantes cores. Neste caso quizais, máis curioso se cabe porque non adoitan ir á par, tan rechamantes os dos bailaríns como os das bailarinas.

O público que ocupaba todas as cadeiras dispoñibles desfrutou do son, da cor e da luz do espectáculo durante máis de hora e media, sen descanso salvo na saída do presentador para introducir o grupo.

O espectáculo estaba organizado polo Concello de Salvaterra de Miño. Antes dos bailes saíu ao escenario a tenente de alcalde e concelleira de Cultura Marta Valcárcel que explicou como se traballa desde a concellería de Cultura,  tamén en coordinación con Monçao, xa que ambos municipios conforman a Eurocidade Monçao-Salvaterra de Miño. Valcárcel salientou algúns eventos da programación do Verán Cultural durante o mes de agosto que rematarán coa 53ª edición da Festa do Viño do Condado do Tea do 25 ao 27 de agosto.  Unha parella de cada grupo que ían actuar recibiu un obsequio de mans da tenente de alcalde, Marta Valcárcel.

PRESENTACIÓN DO FESTIVAL O MUNDO A DANÇAR

RUSIA

 

 

PERÚ

TAIWAN

MÉXICO

MÁIS INFORMACIÓN DO FESTIVAL ‘O MUNDO A DANÇAR’

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada
1