Salvaterra ofrece prazas para participar na cata comentada da Festa do Viño

Una de las participantes en la cata comentada de otra de la ediciones de la Fiesta.

Una de las participantes en la cata comentada de otra de la ediciones de la Fiesta.

O Concello de Salvaterra abriu o prazo de inscrición para poder participar na Cata comentada  que se organiza dentro da programación da Festa do Viño do Condado do Tea.

O ano pasado foron máis 100 persoas as que participaron nestas catas populares onde o Gran Mestre da Confraría do Viño do Condado do Tea e Espumosos, Antonio Alén, fai unha cata a cegas dos diferentes viños que se presentan ese ano á propia Festa, resaltando os matices e as características que hai que ter en conta á hora de valorar un viño. Unha cata participativa e aberta ás intervencións e dúbidas dos propios participantes que, ano a ano, se incrementan debido, en gran medida, a ese aumento de interese que está xerando o noso viño, pola súa gran calidade.

Este ano as catas  realizaranse o mércores 23 e o xoves 24 de agosto, coma sempre dentro do Castelo de Dona Urraca, e para participar é imprescindible inscribirse no Concello, xa que as prazas son limitadas, e darán paso á Festa do Viño do Condado do Tea que terá lugar os días 25, 26 e 27 de agosto, pondo punto e final á programación do Verán Cultural que organiza o Concello de Salvaterra de Miño.Tríptico Festa do Viño 2017_A_P Tríptico Festa do Viño 2017_B_P

Print Friendly
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada