A apertura transcorre ás 19.00 horas no Museo do Albariño, en Monção, e 21.00 horas no Castelo de Dona Urraca, en Salvaterra do Miño

Puskas expón ‘A História dum nobre povo raiano’ en Salvaterra

Copyright © Grupo ES., 2016.

Copyright © Grupo ES., 2016.

O pintor monçanense Puskas, dentro do programa cultural de colaboración da Eurocidade Monção – Salvaterra de Miño, expón os seus novos traballos na galería do Castelo de Dona Urraca, en Salvaterra do Miño e no Museo do Albariño en Moçao, entre os días 4 e 31 de agosto, baixo o lema “Unha história dum nobre povo raiano”.

Este coñecido e reputado pintor con máis de catro décadas de actividade ao servizo da arte transporta para as súas obras facianas, imaxes, vivencias e feitos desta terra transfronteiriza. Na presente exposición retrata, a través dun conxunto variado de traballos, a realidade secular existente entre estas dúas vilas raianas.

Nestas obras, Puskas recórdanos, co trazo creativo e luminoso que o caracteriza, a fluidez tranquila do río Miño e a amizade das localidades de Monção e Salvaterra do Miño

Puskas recórdanos, co trazo creativo e luminoso que o caracteriza, a fluidez tranquila do río Miño e a amizade das localidades de Monção e Salvaterra do Miño

. Desde sempre, un selo de unión entre dous pobos “Irmáns” que, xuntos no afecto, escribiron versos, pintaron paisaxes, viviron tempos difíciles e testemuñaron un novo amencer.

Monzón e Salvaterra do Miño tórnanse nunha localidade única, como se de dous barrios se tratase, e a Ponte Internacional transformouse nunha rúa, como calquera outra, que o pintor percorre dun lado a outro cunha paleta que conta ‘A história dum nobre pobo raiano’.

A apertura transcorre ás 19h00 (HP) no Museo do Albariño, en Monção, e 21h00 (HE) no Castelo de Dona Urraca, en Salvaterra do Miño.

Print Friendly
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada
1