Ángeles Vázquez reúnese cos portavoces dos consellos reguladores galegos tras experimentar unha renovación superior ao 50%

La conselleira Ángeles Vázquez. ARCHIVO.

La conselleira Ángeles Vázquez. ARCHIVO.

Medio Rural celebrou hoxe unha recepción da conselleira Ángeles Vázquez aos portavoces dos consellos reguladores galegos despois de que pasasen por un proceso electoral no que se renovou máis do 50% dos seus vogais. En concreto, a través deste proceso mudaron dez presidentes dos 21 CCRR elixibles e 92 vogais dos 179 que se elixían.

Neste sentido, a titular de Medio Rural dirixiuse aos representantes dos selos de calidade para desexarlles un bo traballo nesta “nova etapa”: “En Galicia contamos cunha moi ampla oferta gastronómica, de excepcional calidade, froito da transmisión de xeración en xeración do saber facer tradicional e da existencia dunhas materias primas de gran valor culinario”, declarou durante a súa intervención a conselleira e sinalou que precisamente para a protección destes produtos típicos e a súa promoción naceron as denominacións de orixe e as indicacións xeográficas protexidas.

En concreto, Galicia conta actualmente con 31 selos de calidade recoñecidos. Ángeles Vázquez sinalou todos eles coma unha “importante ferramenta” para o desenvolvemento rural xa que unha marca deste tipo crea unha interrelación entre produtores e industrias que favorece o dinamismo do territorio no que está demarcada

Ángeles Vázquez sinalou todos eles coma unha “importante ferramenta” para o desenvolvemento rural xa que unha marca deste tipo crea unha interrelación entre produtores e industrias que favorece o dinamismo do territorio no que está demarcada

.

“Delimitan un área xeográfica concreta onde se pode elaborar o produto acollido, coincidindo co territorio no que tradicionalmente se viña facendo, o que favorece que todo o valor engadido e a riqueza xerada quede nesa mesma zona”, explicou a titular de Medio Rural. Vázquez fixo alusión tamén ás cifras que demostran a “importancia económica e social” destas denominacións xa que o valor total da produción certificada en Galicia é superior aos 400 millóns de euros e implica a 23.000 produtores en activo e preto de mil industrias.

Ademais, durante o seu discurso, a titular de Medio Rural non se esqueceu dos consumidores que cada vez están máis comprometidos cun “consumo responsable” de produtos do territorio e obtidos de maneira artesanal ou ecolóxica.

Para rematar, Ángeles Vázquez dirixiuse aos novos portavoces: “Temos moito traballo por diante pero estou segura de que coa a ilusión dos novos presidentes, a experiencia dos que continúan e o apoio da consellería, seremos quen de situar os nosos produtos no chanzo máis alto das producións de calidade diferenciada, dentro e fóra da nosa Comunidade”.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada