O Plan estratéxico da industria conserveira galega, Horizonte 2020, busca aumentar o peso desta industria e consolidar o liderado no sector

A Xunta destinará uns 96 millóns de euros para apuntalar a industria de transformación entre 2016 e 2020

Feijóo Incide en que a calidade é a razón de que 12.000 dos 15.000 empregos directos na conserva en España estean en Galicia; e de que o 80% das exportacións de conserva españolas sexan galegas

Feijóo Incide en que a calidade é a razón de que 12.000 dos 15.000 empregos directos na conserva en España estean en Galicia; e de que o 80% das exportacións de conserva españolas sexan galegas

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, incidiu este venres na importancia da calidade, a formación e a internacionalización para que o sector conserveiro galego siga sendo líder. Elementos que, segundo subliñou, integran o Plan estratéxico da industria conserveira galega, Horizonte 2020.

Durante a presentación do plan, na sede de ANFACO-CECOPESCA, Feijóo explicou que, no tocante á formación, a estratexia impulsará programas de formación nas plantas, definirá un certificado de profesionalidade específico para o sector e promoverá o acceso a titulacións de FP para as conserveiras. Ademais de avogar pola creación de valor engadido a través da calidade e por seguir impulsando a internacionalización.

Plan estratéxico da industria conserveira galega: Horizonte 2020; “e o que é máis importante que o seu valor está crecendo un 21%”.

Coa aposta por estes tres elementos clave, o responsable do Goberno galego precisou que se conseguirá acadar un dobre obxectivo: aumentar o peso da industria conserveira, así como consolidar o liderado do sector conserveiro galego.

Ao longo da súa intervención, Feijóo valorou os datos que indican que el Plan estratéxico da industria conserveira galega: Horizonte 2020; “e o que é máis importante que o seu valor está crecendo un 21%”.E incidiu en que a estratexia elaborada nace para consolidar e ampliar estas cifras: apostando pola orientación dos produtos de alta calidade cara aos mercados gourmet; buscando valor engadido para os subprodutos da pesca e os descartes, a través de técnicas de biotecnoloxía; e reforzando a promoción dos produtos da pesca, do marisqueo e da acuicultura, especialmente centrado nos máis novos.

COMPROMISO

Así mesmo, lembrou que nesa aposta pola modernización e o crecemento do sector, a Xunta leva investidos máis de 260 millóns de euros desde 2009 para desenvolver 255 proxectos que melloren a cadea mar-industria; e, entre 2016 e 2020 destinará uns 96 millóns de euros para apuntalar a industria de transformación.

Sobre este punto, subliñou que a calidade é a razón de que 12.000 dos 15.000 empregos directos na conserva en España estean en Galicia; de que case o 3% do PIB de Galicia corresponda ao sector da conserva; e de que o 80% das exportacións de conserva españolas sexan galegas.

Feijóo referiuse ademais ao compromiso co Campus do Mar e ao apoio para o desenvolvemento do Centro de tecnoloxías avanzadas de investigación para a industria mariña e alimentaria, que, cun investimento de 8,5 millóns de euros, permitirá a posta en marcha de novas liñas de investigación e aumentar o alcance das mesmas.

Nesta mesma liña, destacou o compromiso lexislativo da Administración autonómica reflectido na Lei de impulso empresarial e na primeira Lei de portos de Galicia que, entre outros aspectos, facilitará o investimento das empresas que utilizan os portos de titularidade autonómica.

O responsable do Executivo autonómico fixo fincapé en que o Plan estratéxico da industria conserveira galega, feito sobre os cimentos da vontade do sector -empresas, traballadores, expertos, sector extractivo e transformador-, “será a carta náutica cara ao futuro”. Non en van, insistiu en que o documento apuntala a busca da calidade, alicerce do crecemento.

Sobre este punto, subliñou que a calidade é a razón de que 12.000 dos 15.000 empregos directos na conserva en España estean en Galicia; de que case o 3% do PIB de Galicia corresponda ao sector da conserva; e de que o 80% das exportacións de conserva españolas sexan galegas.

Feijóo concluíu afirmando que esta nova estratexia recolle a tradición conserveira galega e o emprendemento. “Busca, ante todo, conservar esa tradición e complementala con emprendemento, estratexia, avances tecnolóxicos e ambición internacional”, sentenciou.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada