Centrarase nas pemes que conforman a cadea forestal,

A Axencia Galega da Industria Forestal créase como órgano específico do sector que incremente o valor dos produtos, incorpore máis emprego cualificado e innove

O sector forestal galego está formado por preto de 3.000 empresas, que empregan a máis de 80.000 persoas e facturan arredor de 2.000 millóns de euros

unl encuentro con el conselleiro de Economía, Emprego e Industria reunió, hace unos meses, a 39 empresas del sector y 52 directivos. ARCHIVO.

Un encontro co conselleiro de Economía, Emprego e Industria reuniu, hai uns meses, a 39 empresas do sector e 52 directivos. ARCHIVO.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe na rolda de prensa do Consello a aprobación do decreto para a creación da Axencia Galega da Industria Forestal co obxectivo de axudar ao sector a avanzar, innovar e crear máis emprego de calidade.

“Aprobamos hoxe de xeito definitivo unha ferramenta clave para revalorizar o sector da madeira”, aseverou, subliñando que o sector forestal galego está formado por preto de 3.000 empresas, que empregan a máis de 80.000 persoas e facturan arredor de 2.000 millóns de euros.

Durante a súa intervención, Feijóo subliñou que o obxectivo é que o sector conte cun órgano específico que traballe en medidas concretas para a industria forestal: para incrementar o valor dos produtos, para incorporar cada vez máis emprego cualificado e para innovar con máis intensidade.

Con esta finalidade a axencia centrarase nas pemes que conforman a cadea forestal, e que pertencen a subsectores como a explotación forestal, na que se inclúen traballos de corta e saca, de silvicultura e comercialización de madeira en bruto; na primeira transformación, á que se dedican sobre todo os serradoiros; e na segunda transformación, da que forman parte os traballos de carpintería e mobles, madeira tratada e elaborada, fabricación de portas e ventás e o sector contract, entre outros.

Na Axencia Galega da Industria Forestal, todos estes subsectores “terán un interlocutor, e, sobre todo, un colaborador para poñer en marcha medidas en distintos ámbitos”, dixo, referíndose a iniciativas para incentivar a utilización da madeira para a fabricación de produtos de consumo; para facer o sector máis competitivo a través da innovación e o deseño, con programas de renovación tecnolóxica e de aplicación da enxeñería; para fomentar o emprego de calidade, tanto a través da formación dos actuais empregados como coa incorporación de novos especialistas; para a busca de novos nichos de mercado, que sigan abrindo posibilidades de exportación; para favorecer a transferencia de coñecemento entre empresas e centros públicos de investigación forestal; e para captar o máximo número de fondos posibles nacionais e europeos no ámbito da innovación e biotecnoloxía forestal.

O presidente da Xunta subliñou que coa creación deste organismo se separa a xestión da industria das competencias vinculadas á política antiicendios e da ordenación da propiedade forestal.

“Cremos que debemos exportar máis”, afirmou incidindo en que a axencia se poñerá a traballar de xeito inmediato para contribuír ao progreso da industria forestal, que xa acumula crecementos importantes nos últimos anos.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada