O primeiro celebrarase este mércores día 9 e o segundo o venres 11, ambos ás 20.30 horas no Auditorio de Galicia

A RFG participa en ‘Música en Compostela’ con dous concertos dedicados á música española, dirixidos por Maximino Zumalave

rfg2A Real Filharmonía de Galicia participa un ano máis na 60ª edición do  Curso Universitario Internacional de Música Española “Música en Compostela” con dous concertos. O primeiro celebrarase este mércores, 9 de agosto, e o segundo o venres día 11. Ambas citas terán lugar no Auditorio de Galicia ás 20:30 horas, baixo a batuta do director asociado da orquestra, o mestre compostelán Maximino Zumalave.

O concerto do mércores comezará coa obra Canciones y danzas para Dulcinea, do compositor aragonés Antón García Abril (1933).

 O concerto do mércores comezará coa obra Canciones y danzas para Dulcinea, do compositor aragonés Antón García Abril (1933). Son un total de seis cancións e danzas que narran a historia da eterna amada de Don Quijote, un canto ao amor ideal cargado de moita emotividade poética. En 1984 o autor compuxo a banda sonora da película Monsignor Quixote, baseada no relato de Graham Green, por encargo da BBC. Un ano despois encárganlle unha serie de pezas baseadas no mesmo tema, o que se concreta nesta suite.

A continuación os músicos achegarán ao público a Sinfonietta in Re maggiore do compositor madrileño Ernesto Halffter (1905-1989), considerado o único discípulo de Manuel de Falla. Representa unha das primeiras obras do Neoclasicismo musical en España, coincidindo no tempo coa belle époque.

O Curso Universitario Internacional de Música Española “Música en Compostela” creouse en 1958, por iniciativa do mestre Andrés Segovia. Dende entón, celébrase cada verán en Santiago de Compostela, mantendo a súa finalidade de informar, interpretar e cultivar a música española. En cada edición matricúlanse uns 120 alumnos, de máis dunha vintena de nacionalidades diferentes.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada
1