A Eurocidade Monção-Salvaterra de Miño achégase ao eido cultural coa dobre exposición de Puskas

Augusto Domingues anuncia unha publicación dos 40 anos da traxectoria artística do pintor monçanense

Marta Valcárcel con Augusto Domingues y Puskas nas Covas de Dona Urraca.

Marta Valcárcel con Augusto Domingues y Puskas nas Covas de Dona Urraca.

A primeira tenente de alcalde e concelleira de Cultura, Marta Valcárcel, presentou este venres a exposición do pintor monçaense José Barros, ‘Puskas’, que vai estar, simultaneamente, no Museo do Alvarinho de Monção e nas Covas de Dona Urraca en Salvaterra.  ‘A história dum nobre povo raiano’ quere  unir o “territorio do río Minho”, afirmou o pintor.  “Un río que cantan os poetas e que os artistas pintan”.

En Salvaterra, Puskas destacou do espazo expositivo ser “un espazo de unión”.  Así como a unión propiciada pola ponte internacional da que tanto Valcárcel como Puskas chamaron “rúa” que comunica ambos municipios agora unidos en Eurocidade.

Por outra parte, o presidente da Cámara Municipal de Monção anunciou que o municipio prepara unha publicación que recolle a traxectoria de 40 anos de pintura de  José Barros, Puskas.  O libro vai ser presentado o vindeiro mes de setembro.

A exposición permanecerá aberta ata fin de mes de agosto.

O pintor desculpou a ausencia do alcalde salvaterrense Arturo Grandal xa que tivo un pequeno accidente ao esvarar nun penedo.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada