O vindeiro sábado 12 de agosto, a partir das 22.00 horas, no recinto da Muralla do Castelo

Un macro guateque terá lugar este sábado no recinto da Muralla de Salvaterra

A concelleira de Cultura Marta Valcárcel anima aos salvaterrenses e visitantes a se presentar caracterizados de época

Guateque2

Salvaterra agarda conseguir algo semellante na participación de xente de todas as idades caracterizados de época.

¿Lembran vostedes aquelas típicas festa xuvenís que se celebraban con amigos e onde se bailaban as cancións de moda e se tomaban uns refrescos e canapés? Pois agora volve esta forma de diversión no Verán Cultural 2017 de Salvaterra con ‘Imos de Guateque’ o vindeiro sábado 12 de agosto, a partir das 22.00 horas, no recinto da Muralla. A entrada é libre.

Vai ser un macro guateque ao aire libre na noite do sábado pero co mesmo espírito da segunda metade do século XX. Todos aqueles que comezan a ter unha idade escoitaron en máis dunha ocasión aos nosos pais ou avós referirse ás festas que se celebraban en casa como ‘guateques’.Guateque

Por iso, a tenente de alcalde e concelleira de Cultura Marta Valcárcel anima aos salvaterrenses e visitantes a se presentar caracterizados de época para poder desfrutar máis deste macro guateque en Salvaterra, no monumental marco do Castelo.

Ademáis o Concello de Salvaterra porá unha decoración axeitada á época dos guateques no recinto da muralla con obxectos desa época como coches icona deses anos. Un Dj vai pór temas musicais dos anos 60’s, 70’s e 80’s. Non hai límites de idades para participar.

A diversión sa está asegurada en Salvaterra o vindeiro sábado.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada