Os gardacostas dispoñen de equipos de protección química de medios anticontaminación para o Plan Camgal

Guarda CostasA Consellería do Mar vén de recibir seis traxes de protección NBQ (Nuclear, Biolóxica e Química), modelo Dräger CP7900, e dúas duchas de descontaminación inchables portátiles, para engadir aos medios anticontaminación cos que conta o Plan Territorial por Contaminación Mariña Accidental de Galicia (Plan Camgal).

Estes equipos son necesarios para encarar episodios de contaminación provocados por substancias nocivas e potencialmente perigosas (SNP), nos que o persoal que participa na resposta á continxencia debe actuar debidamente protexido.

Pensados para uso de Gardacostas, os traxes incorporados pola Consellería do Mar están realizados especificamente para o seu emprego en condicións extremas. Son estancos a gases e proporcionan unha alta protección fronte a sustancias químicas industriais, axentes biolóxicos e outras sustancias tóxicas. O material co que están confeccionados fainos aptos para traballar coa máxima eficacia, tanto á hora do manexo de substancias crioxénicas (de moi baixas temperaturas), como en áreas explosivas.Guarda Costas2

O asesoramento técnico para a adquisición deste material correu a cargo do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño (Intecmar) que, no marco do proxecto europeo Mariner, está a traballar na identificación dos protocolos de resposta ante emerxencias por SNP e a súa adaptación en relación aos medios de que dispón o Plan Camgal.

Os novos equipos de protección química foron recibidos por Gardacostas de Galicia e supervisados polo persoal técnico do Intecmar. Formarán parte do equipamento específico de loita contra a contaminación mariña dos buques Sebastián de Ocampo e Irmáns García Nodal.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada