Deu-la-Deu Martíns, Danaide e a Virxe das Dores, en 'A história dum nobre povo arraiano'

A pintura de Puskas glosa mulleres heroínas do pobo monçanense

IMG_2777_logo

José Barros, Puskas, na sala de exposicións do Museu do Alvarinho, en Monção.

Monçao e Salvaterra de Miño forman parte da obra do pintor monçanense José Barros, Puskas. Grupo ES. visita a parte de Monçao que exhibe trinta e tantos cadros dun total de 70, entre acuarelas, acrílicos e óleos, baixo o título ‘A história dum nobre povo arraiano’. O que está na sala de exposicións da Casa do Alvarinho de Monção fai referencia temática ao seu lugar de nacemento, a vila do Vale do Minho. Puskas adoita trasladar ao lenzo lendas mitolóxicas dos pobos.  Neste conxunto de obras presenta tres personaxes femininas de gran identificación para os monçanenses.

Deu-la-Deu Martíns era a esposa do Capitán e alcalde da fortaleza de Monçao, Vasco Gomes de Abreu, na época das guerras fernandinas (século XIV entre Fernando de Portugal e Enrique de Trastámara). Nunha ausencia doseu marido, os casteláns puxeron cerco á cidade e cando todos estaban máis que esgotados, ela tomou o mando e fixo xuntar a pouca fariña que quedaba e con ela facer pan, unha vez feito arroxou o pan desde o alto das murallas aos sitiadores dicíndolles que, aínda que eles  tentaban facerlles renderse por fame, non o conseguirían porque tiñan grandes provisións e eran xenerosos, por iso lles daban pan, porque sabían que tiñan fame. Os casteláns crérono e pensaron que o cerco sería demasiado longo, polo que se retiraron.

Outra heroína é Danaide. Figura presente na praza principal de Monção  nunha  fonte de tanque circular,  construída polo Concello en 1837, sobre unha base en forma de prisma que soporta a estatua da figura mitolóxica grega Danaide,  vestida cunha túnica e cunha peneira. Posteriormente, en 1869, colocouse o brasón de Monção coa figura de Deu-la-Deu Martins, heroína da terra, colocada no centro da base.

Danaide, muller apaixonada, morría de amores por un soldado do bando inimigo e, submisa ao seu pai gobernador de Monção, a quen non quería desobedecer, pediulle marchar co soldado. O pai non quería pero, ante a insistencia dela, resolveu pórlle unha proba que consistiu en que trasladase a auga dun tanque a outro mediante unha peneira. Cousa que logrou facer e conseguiu a súa liberdade.

A terceira personaxe é a Virxe das Dores, padroeira de Monção. Puskas é ese fillo acariñado no colo da Virxe por mor dunha doenza que sufriu hai un tempo. Buscou a protección da Nai do ceo e logo, en agradecemento, plasmouno nun lenzo buscando transmitir esa experiencia de dor.

Ademais, o pintor retrata as rúas medievais de Monçao, berce do antigo barrio xudeu, o río Minho e outros recantos desta cidade do Vale do Minho.

Print Friendly
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada
2