Hotusa Hotels cumpre 40 anos con 200 traballadores en Chantada que xestionan o 70% dos hoteis

Los directivos de Hotusa tuvieron como convidados ao presidente do Goberno de España, Mariano Rajoy, y al presidente del Ejecutivo Gallego, Núñez Feijóo, en Chantada.

Los directivos de Hotusa tuvieron como convidados ao presidente do Goberno de España, Mariano Rajoy, y al presidente del Ejecutivo Gallego, Núñez Feijóo, en Chantada.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou que, desde a súa sede en Chantada, na que traballan 200 persoas, Hotusa realiza o 70% da xestión dos hoteis que pilota de xeito directo. “Estamos a falar dunha empresa que comezou ofrecendo servizos conxunto a tres hoteis e, corenta anos despois, é o primeiro consorcio de hoteis independente a nivel mundial”, salientou.

 

Ademais Feijóo avogou hoxe, durante unha visita á sede de Hotusa Hotels en Chantada, por seguir apostando pola formación como elemento clave para competir e seguir batendo récord de visitantes.

Nesta liña, destacou a aposta do Executivo autonómico pola Formación Profesional Dual; un modelo formativo que combina formación con experiencias en empresas e que permite a adaptación, en todo momento, ás necesidades do tecido produtivo, en constante evolución. “A conectividade da formación coa empresa e clave para ter emprego, desenvolvemento económico e, en consecuencia, para financiar o estado de benestar” abundou.

Con este fin, e a modo de exemplo, precisou que o IES Val do Asma de Chantada ofrece tres titulacións de FP Dual orientadas a diversos ámbitos da hostalaría e á xestión turística: desenvolvemento de aplicacións web; administración e finanzas e axencias de viaxes e xestión de eventos.Hotusa2

Feijóo aseverou que estes obxectivos están recollidos na Estratexia de turismo de Galicia 2020, unha folla de ruta que aspira a consolidar Galicia como un destino turístico tranquilo e acolledor, ao que vir a relaxarse e disfrutar da gastronomía e do seu patrimonio cultural e natural. E, sobre este punto, salientou o impulso á candidatura da Ribeira Sacra a ser Patrimonio da Humanidade.

En relación ao incremento de visitantes, recordou que nos primeiros seis meses deste ano rexistráronse máis de 1,8 millóns de turistas en establecementos hoteleiros, “isto significa que estamos incrementando o turismo e que estamos rompendo récords de anos anteriores. Significa que Galicia é un destino en auxe”, ao que engadiu que o número de viaxeiros procedentes doutros países medrou ata supoñer o 30% do total.

O responsable do Goberno galego aproveitou a súa intervención para condenar o movemento, nas últimas semanas, de rexeitamento ao turismo, “uns actos –dixo- que, aínda que minoritarios e localizados creo que non debemos ignorar”. “Son accións vandálicas executadas por grupos que están en contra do progreso, do intercambio cultural e, en definitiva, do dereito da xente a coñecer outros lugares”, precisou.

Hotusa3

Na sede de Hotusa en Chantada traballan 200 persoas e realizan o 70% da xestión dos hoteis que pilota de xeito directo.

Feijóo cualificou este tipo de actuacións de inxustas: “Porque o turismo é unha fonte de ingresos e de influencia exterior. E porque volveu demostrar ser un dos sectores tractores da nosa economía”.

 

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada