Mañá venres, ás 20.30 horas, no Auditorio de Galicia

A RFG interpretará ‘El amor brujo’ de Manuel de Falla

Neste segundo concerto de “Música en Compostela” tocará o violoncellista canario Ángel Luis Quintana, cun violoncello do ano 1800

Ángel Luis Quintana, solista da Orquesta Nacional de España, profesor do Conservatorio Superior de Música do Liceo de Barcelona e profesor convidado do Conservatorio de Rótterdam. Toca un violoncello Guadagnini do ano 1800.

Ángel Luis Quintana, solista da Orquesta Nacional de España, profesor do Conservatorio Superior de Música do Liceo de Barcelona e profesor convidado do Conservatorio de Rótterdam. Toca un violoncello Guadagnini do ano 1800.

No marco da 60ª edición do Curso Universitario Internacional de Música Española “Música en Compostela”, a Real Filharmonía de Galicia participa cun novo concerto mañá venres. Será ás 20:30 horas no Auditorio de Galicia, baixo a batuta do director asociado da orquestra, o mestre compostelán Maximino Zumalave. Ademais, intervirá como solista o violoncellista canario Ángel Luis Quintana.

O concerto comezará con fragmentos de Soleriana de Joaquín Rodrigo (1901-1999), unha das obras orquestrais máis longas do popular compositor español. Este ballet, baseado nas obras do compositor Antonio Soler, foi escrito para o bailarín Antonio e a súa compañía, que o estreou en Granada en 1953.

De seguido os músicos tocarán o Concerto para violoncello en Sol maior de Luigi Boccherini (1743-1805), compositor e violoncellista italiano afincado dende os 25 anos en España, onde desenvolveu a maior parte da súa carreira. Interpretarao o violoncellista Ángel Luis Quintana, solista da Orquesta Nacional de España, profesor do Conservatorio Superior de Música do Liceo de Barcelona e profesor convidado do Conservatorio de Rótterdam. Toca un violoncello Guadagnini do ano 1800.

O público asistente tamén terá a oportunidade de escoitar Sortilegis do catalán Xavier Montsalvatge (1912-2002), unha das figuras clave da música española da segunda metade do século XX. Escribiuna en 1992 para a Orquestra de Cadaqués, co fin de servir de obra obrigatoria para os finalistas do Primeiro Concurso Internacional de Cadaqués de Directores de Orquesta. Tratábase de propor unha Es tractava de proposar una obra difícil, amb canvis interns, sobretot en mètrica i dinàmica, a una sèrie de directors joves que optaven al premi del concurs.obra complexa a unha serie de directores novos que participaban no certame.  L’estrena va tenir lloc dins del XXI Festival de Cadaqués, el dia 5 d’agost de 1992.

EL AMOR BRUJO

O concerto rematará con El amor brujo de Manuel de Falla (1876-1946), a obra máis coñecida do autor. O día da súa estrea foi bastante criticada, polo que tivo que modificala. A nova versión é considerada unha das obras máis importantes da música clásica española. É unha historia de feitizos e bruxería. Narra o amor atormentado dunha moza xitana, Candela, á que se lle aparece o espectro dun amante morto, celoso ante a súa relación con Carmelo.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada
1