Do 10 ao 20 de agosto, no Campo do Castelo, en Vila Praia de Âncora

António Cunha, un primeiro espada na pesca do espadarte e na cociña e divulgación deste prato co Festival Gastronómico

IMG_2944

António Cunha, coa figura do peixe espada ou espadarte a entrada da carpa para as degustacións de peixe.

António Cunha é o tipo de empresario que lle gustaría a calquera  municipio telo entre os seus cidadáns. Armador hai 22 anos coa súa frota de barcos pesca peixe espada – Baleeira Pescas é o nome da empresa-. A flota é a maior da localidade con 5 embarcacións con porto base en Vigo. Natural de Vila Praia de Âncora, en Caminha, non se conformou con pescar ‘espadarte’, isto é, peixe espada, senón que conseguiu fundandoun Festival Gastronómico, que sexa un prato de referencia na restauración da localidade.

A súa iniciativa de Festival Gastronómico do Espadarte leva xa catro edicións e a súa influencia está perfectamente constatada.  A desconfianza inicial dalgúns restaurantes transformouse axiña nunha oportunidade de negocio para todos e na actualidade todos incorporaron este peixe á súa carta ao longo do ano.

Do 10 ao 20 de agosto, no Campo do Castelo, en Vila Praia de Âncora,  en colaboración con Turismo Porto e Norte de Portugal e a Cámara de Caminha, o Festival Gastronómico volve ofrecendo receitas que satisfán aos padais máis esixentes. Á beira do Océano Atlántico, o Festival está aberto de 12 a 24 horas, nun lugar onde aparcar é doado.

Á beira do Océano Atlántico, o Festival está aberto de 12 a 24 horas, nun lugar onde aparcar é doado.

António Cunha impulsou sete formas diferentes de degustar o peixe espada, o espadarte. E aínda anda á procura doutras, como as Pataniscas de espadarte. Un equipo de 30 persoas coa súa dona á fronte, Alexandra, encárgase da preparación. Á vinagreta é unha das especialidades para servir o espadarte como tapa de entrada.  A vinagreta precisa ciencia e preparase de forma meticulosa semanas antes, require de antelación.  O espadarte é tan delicioso que podería competir nesta preparación cos bocareus en vinagre.

Cunha ante un detalle de devoción mariñeira a Virxe na entrada da carpa.

Cunha ante un detalle de devoción mariñeira a Virxe na entrada da carpa.

A hamburguesa  de peixe espada é un prato creado para o público máis novo.  Xa se ten converteu nunha preferencia de nenos e mozos.  Ademais o peixe espada pode ser degustado neste festival gastronómico en forma de sopa, a tradicional ‘Chorinha’. Pode tamén ser servido ‘de cebolada’, una receita mariñeira que facían as tripulacións cando os pescadores de Vila Praia de Âncora ían en procesión ata Caminha á Nosa Señora da Ínsua, nas festa da Bonança.

O bisté de peixe espada asado á brasa, a caldeirada ou en filetes con patacas fritidas son outras preparacións que se un se achega estes días ao Campo do Castelo, en Vila Praia de Âncora pode degustar.

António Cunha e a súa dona non escatiman detalle e este ano teñen unha sobremesa da zona. Trátase do Arroz Doce á moda de Argela, unha parroquia do municipio de Caminha, que é feito a partir de receitas caseiras.

Moitos anos máis a Festival Gastronómico Espadarte e a súa organización.

Print Friendly
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada