A decimo sétima edición deste encontro informático terá lugar do 8 ao 10 de setembro nas instalacións da Feira Internacional de Galicia, en Silleda (Pontevedra)

O prazo de inscricións ao Xuventude Galicia Net R Encounter remata o 22 de agosto

En la imagen, una mujer navega por Internet.

En la imagen, una mujer navega por Internet.

A Xunta informa da próxima apertura do prazo de preinscrición ao encontro informático Xuventude Galicia Net que se celebrará do 8 ao 10 de setembro nas instalacións da Feira Internacional de Galicia, en Silleda (Pontevedra). Así, as persoas interesadas en participar neste evento terán que anotarse o vindeiro día 22 de agosto ás 10.00 horas a través da páxina www.xgnencounter.gal, sendo o prezo de 30 euros.

A Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, colabora na que é a decimo sétima edición desta party informática, a cal adopta o nome de XGN R Encounter ao incorporarse esa empresa operadora de telecomunicacións por fibra óptica ao evento como patrocinadora oficial, ademais de colaboradora a nivel técnico e de contidos.

Como novidade nesta edición, o día 24 de agosto a partir das 10.00 horas os inscritos poderán seleccionar os seus postos, o que asegurará aos participantes que acudan en grupo situarse na mesma zona LAN party, a cal terá 1.044 postos habilitados. Así mesmo, o evento disporá por
vez dunha app propia.

A convocatoria de 2016 contou coa participación de cerca de 800 inscritos, procedentes na súa maioría de Galicia pero tamén de Asturias, País Vasco, Castela e León, Madrid, Valencia, Cataluña e Baleares. Estes puideron participar en máis de 40 actividades distintas, das que 14 foron torneos unicamente para eles e as restantes estiveron abertas a todos os visitantes.

MÁIS VELOCIDADE

A XGN R Encounter manterá en 2017 a súa formulación, se ben se reforzarán as súas prestacións ao multiplicar por cinco a velocidade de conexión grazas a R (contará con 10 xigas simétricos de fibra óptica, ademais de 1 xiga de respaldo). Tamén se potenciará o seu programa de torneos e actividades.

Estas melloras forman parte dun proxecto conxunto que pretende que a XGN R Encounter medre ata converterse en tres ou catro anos nunha das LAN partys máis importantes de España, ao tempo que significa fraternizar e contar a nivel técnico e de contidos coa bagaxe da party Euskal Encounter, organizada por Euskaltel en Bilbao e que acaba de celebrar a súa edición número 25. Ademais, supón a vinculación da party coa rede de Encounters da que tamén forman parte a Gipuzkoa Encounter, que suma 11 citas, e a Araba Encounter, que este ano celebrará a súa cuarta edición.

A XGN R Encounter contará cunha zona Intranet orientada aos inscritos, os cales poderán desfrutar dun posto con dereito a acampar no interior do pavillón e tamén a participar en numerosas actividades e torneos exclusivos. Unirase de novo a ela a Extranet, unha área que acollerá un completo programa con multitude de actividades ás que poderán acceder tanto os inscritos como os visitantes que acudan ao recinto. Ademais, volverá a incluír un espazo expositivo complementario con presenza de empresas relacionadas co material informático e o ocio electrónico, entre outros.

Aínda que o evento comezará oficialmente o día 8, abrirá as súas portas de forma non oficial o 7 de setembro ás 16.00h, co obxectivo de facilitar o acceso dos inscritos e permitir que aqueles que o desexen comecen a instalar os seus postos e útiles para durmir. Será unha xornada de probas técnicas e montaxe.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada