Máis de 4.000 pacientes teñen acceso prioritario aos servizos sanitarios grazas a tarxeta AA do Sergas

Fai posible reducir as esperas nas consultas dos centros de saúde, consultas externas, servizos de urxencias e hospitalización.

Fai posible reducir as esperas nas consultas dos centros de saúde, consultas externas, servizos de urxencias e hospitalización.

O Servizo Galego de Saúde comezou a emitir tarxetas de asistencia sanitaria AA (que significa atención e acompañamento) no ano 2011. Dende entón ata a actualidade 4.163 doentes recibiron este documento, que posibilita a accesibilidade prioritaria a diversos servizos sanitarios dos pacientes diagnosticados daquelas patoloxías que o Sergas considera indicadas, así coma o acompañamento dos seus familiares ou coidadores.

Os primeiros beneficiarios deste documentos sanitario foron as persoas con trastornos xeneralizados do desenvolvemento de espectro autista. Coa creación da tarxeta AA pretendeuse minimizar o impacto e as limitacións comunicativas que podían ocasionar para estes enfermos determinadas situacións, tales como acudir a centros sanitarios con moitas persoas ou a comunicación cos facultativos.

Con posterioridade sumáronse outros grupos como os pacientes con alzheimer e parálise cerebral. Os últimos en engadirse, polo de agora, á lista de usuarios da tarxeta sanitaria AA son os pacientes con discapacidade intelectual grave asociada a trastornos de conduta ou problemas de comunicación.

FUNCIONALIDADE

O obxectivo deste documento é minimizar, dentro do posible, o tempo de espera nas consultas dos centros de saúde, nas consultas externas e nos servizos de urxencias e hospitalización. Outra das funcións da tarxeta sanitaria AA é permitir que o paciente poida estar permanentemente acompañado polos seus familiares ou coidadores durante a asistencia sanitaria, coa lóxica excepción dalgunha circunstancia clínica que o desaconsellase ou mesmo o impedira. Deste xeito, se facilita a accesibilidade destas persoas á atención sanitaria e se mellora a calidade na súa asistencia.

Cómpre suliñar que os centros sanitarios e as unidades xestoras con responsabilidade na atención destes pacientes dispoñen dun procedemento específico para facilitarlles o acompañamento permanente e ademais, darlles unha consideración de accesibilidade preferente, tanto en atención urxente (en función da súa prioridade clínica) como na atención programada.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada