A Xunta activa a alerta laranxa por altas temperaturas en zonas da provincia de Ourense, Lugo e Pontevedra

fuegoA Xunta activa para mañá, 21 de agosto, a partir das 14,00 horas, a alerta de temperaturas máximas correspondentes ao nivel laranxa no ámbito xeográfico do sur de Lugo, zona do Miño e sur de Ourense, e zona do Miño de Pontevedra. As temperaturas poderán acadar valores de ao redor de 40 graos.

Hoxe pola tarde xa estará activo o nivel amarelo por altas temperaturas en zonas de Ourense, Pontevedra e Lugo, segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET).

Co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación ás zonas onde están decretadas as alertas laranxas e amarelas, aos concellos, policías locais, servizos provinciais de Protección Civil e aos bombeiros, entre outros.

Consellos e recomendacións

Ante este episodio de temperaturas máximas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior propón unha serie de consellos e recomendacións:

  •  Limite a súa exposición ao sol, permaneza en lugares protexidos do sol o maior tempo posible e mantelos ben ventilados.
  •  Teña en conta que o entrar e saír destes lugares, prodúcense cambios bruscos de temperatura que poden afectarle.
  •  Tome comidas lixeiras e regulares, bebidas e alimentos ricos en auga e sales minerais, como as froitas e hortalizas, que lle axuden a repoñer as sales perdidas polo suor.
  •  Vístase con roupa adecuada de cores claros, cubrindo a maior parte del corpo, especialmente a cabeza.
  •  Evite exercicios físicos prolongados nas horas centrais do día.
  •  Interésese por persoas maiores e enfermas próximas, que vivan soas ou illadas.
  •  Nunca deixe a nenos nin persoas maiores no interior dun vehículo cerra
Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada