Arancha Rodríguez González, gañadora da XV Edición do Festival Internacional de Karaoke de Salvaterra

Participaron máis de 50 persoas, entre as que saíron 24 finalistas

_20A7114

Arancha Rodríguez durante a súa interpretación.

Arancha Rodríguez González, de Pontevedra, e que cantou con Hero de Mariah Carey e Listen de Beyonce. O xurado proclamouna gañadora do 1º Premio da XV edición do Festival Internacional de Karaoke de Salvaterra. O segundo clasificado, Diogo Cordeiro da Silva, e o terceiro, José Luís Bastos Rodríguez.

Este ano participaron máis de 50 persoas, das cales, despois da preselección que se fixo no Karaoke Vox de Ponteareas que colaborou este ano coa organización do evento, pasaron 24 finalistas para participar nesta edición, que sobresaíu sobre todo pola alta calidade das voces e das interpretacións.

La pontevedresa Arancha Rodríguez coa tenente de alcalde, Marta Vacárcel (d) e a apresentadora do evento.

La pontevedresa Arancha Rodríguez coa tenente de alcalde, Marta Vacárcel (d) e a apresentadora do evento.

O Xurado , membros de recoñecido prestixio e profesionais de ampla traxectoria musical, estivo formado  por Félix Cebreiro, produtor e compositor de música; Daniel Gregores Muñoz, director da Banda e Escola de Música de Salvaterra; Carlos Mariño, compositor e produtor de música, e Andrea Martínez Filipón, profesora  e Diplomada en Viola, e  actuou como secretaria Marta Valcárcel Gómez, tenente de alcalde e concelleira de Cultura.

Quince anos leva o Concello de Salvaterra organizando o Festival Internacional de Karaoke, punto de encontro de todos os amantes da música que se reúnen en Salvaterra de Miño para ofrecer as súas mellores interpretacións aos centos de espectadores que acoden para desfrutar das súas voces, nunha agradable velada musical

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada