A adega Gran Vinum dirixe o 95% da súa produción a países como EEUU, Reino Unido, Bélxica, México, Australia ou Xapón

Conde avanza que Vilanova de Arousa acollerá un novo espazo coworking centrado no sector do turismo e da alimentación

El conselleiro, Francisco Conde, con Enrique Piñeiro y otros directivos de Gran Vinum junto al delegado de la Xunta en Pontevedra.

O conselleiro, Francisco Conde, con Enrique Piñeiro e outros directivos de Gran Vinum xunto ao delegado da Xunta en Pontevedra.

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, na súa visita á adega Gran Vinum, Conde salientou que se trata dunha empresa familiar que é un exemplo claro de como está a traballar o sector do viño en todas as denominacións de orixe galegas, buscando a calidade e a excelencia, dixo. Ademais, tamén destacou as súas vendas ao exterior, posto que o 95% da súa produción vai dirixida a países como por exemplo EE.UU, Reino Unido, Bélxica, México, Australia ou Xapón.

A familia Piñeiro Cores cultivou a vide durante xeracións. Desde o cultivo dos primeiros pequenos terreos esparexidos pola comarca onde vai implantando a variedade Albariño, ata que nace en 2002 Adegas Gran Vinum S.L.

A adega elabora o viño Albariño baixo o selo de calidade do DO Rías Baixas.

A situación privilexiada da adega, en Vilanova de Arousa, na subzona do val do Salnés, comarca de apertura do Val do río Umia, en plena Ría de Arousa, onde o particular clima e o chan favorecen e dan á uva Albariño as cualidades e matices que a caracterizan.

Ao longo dos anos, Adegas Gran Vinum participou en diversas catas para guías, revistas e webs especializadas no mundo do viño, nas que se recolleron valoracións positivas de calquera dos nosos viños. Os nosos viños foron premiados en diversos certames, tanto locais como na Festa do Albariiño de Cambados como por concursos nacionais (Premios Baco) e internacionais (Bacchus).

O adegueiro Enrique Piñeiro cultiva os seus propios viñedos, traballa a vendima e elabora o viño Albariño xunto a un equipo experto e cualificado. A súa filla, Andrea Piñeiro, é na actualidade parte da adega e continuadora da familia e a filosofía de Adegas Gran Vinum.

Vista aérea da propiedade de Adega Gran Vinum SL

Vista aérea da propiedade de Adega Gran Vinum SL

ESPAZO COWORKING

Ademais Conde avanzou este luns, durante unha visita á adega Gran Vinum, que o municipio de Vilanova de Arousa acollerá un novo espazo coworking destinado ao sector do turismo e da alimentación.

Segundo explicou, o novo coworking O Salnés desenvolverase no Pazo Vista Real, cedido polo Concello, e está previsto que inicie a súa actividade en setembro, cun mínimo de 16 e un máximo de 22 proxectos emprendedores vinculados a estes sectores; dous eidos nos cales Galicia presenta un gran potencial para desenvolver novas empresas.

Conde concretou que a idea é convocar dúas edicións máis, de cinco meses de duración cada unha delas, ao longo do ano que vén. Así, esta aceleradora axudará a que frutifiquen ata 60 proxectos empresariais promovidos por case 200 emprendedores grazas ao servizo de asesoramento que recibirán con esta iniciativa, onde poderán madurar as súas ideas de negocio por exemplo en sectores como o vitivinícola e o conserveiro.

O coworking O Salnés súmase aos outros 7 espazos coworking que a Xunta puxo en marcha por segundo ano consecutivo en colaboración coa Escola de Organización Industrial. Un deles, que tamén se incorpora nesta segunda edición, é o do CIS Madeira en Ourense, específico para o sector forestal. Igual que o da Cidade da Cultura de Santiago, que está orientado ás industriais culturais.

O conselleiro sinalou que parte do atractivo turístico da comarca do Salnés radica no sector vitivinícola e na enogastronomía, e que isto, unido ao compromiso da Xunta por apoiar o emprendemento e a fixación de empresas na Comunidade, é a razón pola que se pon en marcha esta nova aceleradora. “Con esta iniciativa imos dar unha resposta de colaboración entre a Xunta e o Concello de Vilanova para que toda a comarca do Salnés teña un servizo orientado ao impulso de novos proxectos de emprendemento vinculados ás capacidades instaladas na comarca do Salnés”, abondou.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada