Luar na Lubre en concerto na 58º Festa do Viño do Condado

Tres Noites Gastronómicas para degustar os viños do Condado do Tea, DO Rías Baixas, con produtos da terra e do mar

Pola noite do sábado, ás 23.00 horas, actuación de Xulio Lorenzo e Luar na Lubre no recinto amurallado de Salvaterra.

Pola noite do sábado, ás 23.00 horas, actuación de Xulio Lorenzo e Luar na Lubre no recinto amurallado de Salvaterra.

A 58º Festa do Viño do Condado abre as súas portas este venres coa inauguración oficial, ás 20.00 horas, no Castelo de Dona Urraca. Ademais, a 38º mostra Filatélica e con carimbo especial fará as delicias dos afeccionados aos selos. Animarán o recinto da festa a Banda de Gaitas Pontenova e a Charanga ‘Nova Cubana’. A partir das 22.30, concertos dos grupos ‘A Patrulla’ e a ‘Banda da Balbina’.

Na noite do venres comezan as Noites Gastronómicas onde nun ambiente distendido, en mesas, se poden degustar os viños da DO Rías Baixas e polbo, marisco, embutidos, tapas, churrasco, lamprea rechea e porco ao espeto.

O sábado, ás 10 da mañá, reúnese un panel de cata para puntuar e premiar os Viños Deliciosos do ano. Antes, entre 9 e 10 da mañá, concentración de coches clásicos que participan na Ruta da Festa do Viño e que chegarán de volta as 14.30 ao recinto amurallado. As exposicións e os postos de comida abren a partir das 11 da mañá. As charangas ‘Noroeste’ e ‘Sghae’ amenizarán este día de sábado. Pola noite, ás 23.00 horas, actuación de Xulio Lorenzo e Luar na Lubre. E segunda Noite Gastronómica cos nosos viños e produtos da terra e do mar.

O día grande é o domingo. A partir das 10.30 comeza o desfile de Bandas de Gaitas e Grupos Folclóricos. Na Casa do Concello, ás 11.15 horas, recíbense ás confrarías no salón de Plenos e saen desfilando ata o recinto amurallado. Ás  11.30, santa Misa solemne na Igrexa de san Lourenzo, no recinto amurallado.

A Confraría dos Viños do Condado do Tea e Espumosos reúnense, ás 12.00 horas, en capítulo xeral para o nomeamento de novos confrades. A continuación darase lectura aos viños premiados co título de viño delicioso do ano que fallou o sábado anterior o panel de cata.

Xa no exterior, no recinto amurallado, o pregoeiro Jesús Flores Téllez lerá o seu pregón. Flores Téllez é enólogo, director da Aula Española do Viño, Premio Nacional de Gastronomía e “Mellor Sumiller” pola Academia Internacional de Gastronomía.

Pola tarde, ás 19.30 horas, concerto de ‘Like a Version’ e ‘Met’.

A 58º Festa do Viño do Condado remata coa derradeira Noite Gastronómica.

Tríptico Festa do Viño 2017_A_P Tríptico Festa do Viño 2017_B_P

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada