A Confraría do Viño do Condado do Tea e Espumosos inviste este domingo 10 novos confrades

Algúns confrades da Confraría do Viño do Condado do Tea e Espumosos no Capítulo xeral de 2016.

Algúns confrades da Confraría do Viño do Condado do Tea e Espumosos no Capítulo xeral de 2016.

Dez novos confrades ingresan este domingo, día grande da 58º Festa do Viño do Condado do Tea, na Confraría do Viño do Condado do Tea e Espumosos na covas do Castelo de dona Urraca ás 12.00 horas. O Gran Mestre desta Confraría, Antonio Alén, durante o Capítulo Xeral, outorgará os atributos –o mandil e o cataviños- e tomará xuramento aos novos confrades.

Na categoría de Confrades de Honra o pregoeiro que lerá o pregón, Jesús Flores Téllez, enólogo especialista en análise sensorial e crítica, sumiller e Premio Nacional de Gastronomía. O outro confrade de honra vai ser Antonio Lago Vidal, de adegas Señorío de Sobral.

Os confrades honorarios son María Acuña Sánchez de adega Viña Nora; Alexia Luca de Tena Barreras, enóloga; José Félix Fernández Domínguez, propietario de adegas Abadía de Tortoreos SL; José Alonso y Gregorio, propietario de adegas Notas Frutales de Albariño; Pepe Montenegro Mariño, propietario de adegas Montenegro; Manuel Vaqueiro López, viticultor; Augusto Oliveira Domingues, presidente de la Cámara Municipal de Monção; y Benigno de la Torre Malvido, xornalista.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada
2