O DOG publicará a licitación dunha nova senda peonil e ciclista en San Paio de Navia

A senda, que terá unha lonxitude de 1,5 quilómetros, transcorrerá pola marxe da PO-325, e permitirá mellorar a seguridade viaria, así como os accesos peonís coa avenida Ricardo Mella

As obras poderán comezar a principios do ano que ven, cun prazo de execución de 3 meses, o que fará posible o seu remate antes do verán de 2018.

As obras poderán comezar a principios do ano que ven, cun prazo de execución de 3 meses, o que fará posible o seu remate antes do verán de 2018.

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, avanzou hoxe que o Diario Oficial de Galicia publicará mañá a licitación dunha nova senda peonil e ciclista na parroquia de San Paio de Navia, que suporá ampliar o itinerario entre a costa de Vigo e o Val Miñor.

A conselleira de Infraestruturas, acompañada do delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, mantivo hoxe unha reunión con dúas asociacións de veciños da parroquia viguesa de San Paio de Navia, coa fin de presentarlles o proxecto definitivo da senda, onde o Goberno investirá 300.000 euros.

Vázquez Mourelle informoulles dos avances do proxecto que mellorará a conectividade e os accesos peonís coa Avenida Ricardo Mella e destacou que os traballos iniciaranse a principios do ano que ven, para ter a senda rematada antes do verán, ao contar cun prazo de execución de 3 meses.

Esta senda, que terá unha lonxitude de case 1,5 quilómetros, executarase nunha marxe da estrada autonómica PO-325, unindo o tramo comprendido entre a glorieta de intersección da VG-20, a circunvalación de Vigo, ata o cruce coa rúa Muíños, estrada que comunica con Samil, uníndose aí co carril bici xa existente na zona de Coruxo e que chega ata Baiona.

Esta infraestrutura facilitará os desprazamentos cotiás de peóns e ciclistas que transitarán dun xeito máis cómodo e seguro. Así mesmo, acadarase unha mobilidade sustentable e incidirase positivamente no reforzo da seguridade viaria.
A conselleira anunciou que as obras poderán comezar a principios do ano que ven, cun prazo de execución de 3 meses, o que fará posible o seu remate antes do verán de 2018.

Este itinerario peonil e ciclista de Navia está incluído no Plan de Sendas de Galicia, que prevé a construción dunha rede de sendas seguras, sostibles e integradas na paisaxe. Nesta mesma estrada, o Plan contempla a execución doutra senda no concello de Nigrán, unha actuación que xa se adxudicou e que se iniciará en próximas datas.

Na comarca de Vigo, o Plan de Sendas tradúcese na execución de 9 novos itinerarios que comprenden 12,5 quilómetros de sendas e supoñen un investimento de case 5 millóns de euros.

Segundo informou Ethel Vázquez, as obras de 5 desas sendas comezarán entre os meses de setembro e outubro (Nigrán, na PO-325; Atín-Mos, na PO-331; Baiona-tramo marítimo, na PO-552; Amoedo-Pazos de Borbén, na PO-250 e Coruxo-Roteas, A Estea-Priegue, entre Vigo e Nigrán na PO-552).

Ademais, outras dúas están en fase de contratación (a de Navia e a de Gondomar-Ramallosa na PO-340) e dúas máis están en fase de proxecto (Santa Marta, en Baiona na PO-552 e a de Parderrubias en Salceda na PO-411).

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada