Medio Rural destina 11,25 millóns de euros este ano á prevención de incendios forestais e valorizar o monte galego

A conselleira Ángeles Vázquez destacou estas cifras na súa visita ao monte veciñal en man común de Louro, en Muros, no que se están a realizar tratamentos silvícolas preventivos de roza e triturado de restos.

A conselleira Ángeles Vázquez destacou estas cifras na súa visita ao monte veciñal en man común de Louro, en Muros, no que se están a realizar tratamentos silvícolas preventivos de roza e triturado de restos.

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, destacou hoxe o esforzo da Xunta en materia de prevención de incendios forestais e valorizar o monte. Así, indicou que só este ano o seu departamento dedica un total de 11,25 millóns de euros a esta finalidade.

Destes fondos, 8,25 millóns servirán para financiar traballos preventivos nos montes, tales como actuacións de control e loita integrada fronte a pragas e enfermidades, ordenación de montes, creación e mellora de sistemas silvopastorís ou infraestruturas forestais preventivas. Os tres millóns restantes destínanse á recuperación do potencial forestal danado polo lume ou outras catástrofes e aos recursos xenéticos forestais.

A conselleira salientou estas cifras na súa visita ao monte veciñal en man común de Louro, en Muros, no que se están a realizar este tipo de traballos. En concreto, actualmente están en execución diferentes tratamentos silvícolas preventivos de roza e triturado de restos nun total de 16,2 hectáreas. Cara o vindeiro ano están previstos máis traballos nas faixas auxiliares de pista e en áreas cortalumes, abarcando outras case 13 hectáreas. Os investimentos totais nestes labores superan os 57.000 euros.

A titular de Medio Rural supervisou estas actuacións, acompañada polo director xeral de Ordenación Forestal, Tomás Fenández-Couto, e o delegado territorial da Xunta na provincia da Coruña, Ovidio Rodeiro, e puxo en valor a súa importancia para previr os incendios forestais, como parte esencial do traballo da Xunta. E insistiu en facer unha chamada á responsabilidade da sociedade galega en xeral a prol da defensa do noso patrimonio forestal, tanto pola súa riqueza ambiental como económica e sociocultural. Fíxoo, ademais, nun espazo emblemático do litoral galego, como é o monte Louro, que xa se ten visto afectado polos lumes no pasado, lembrou a conselleira.

REDE NATURA

O monte veciñal que hoxe visitou Ángeles Vázquez (de nome completo Louro e Meán, Oroso, Naraio e Tigia) xestiona un total de 551 hectáreas, das que unhas 143 pertencen a Rede Natura, concretamente ao monte e a lagoa de Louro. A conselleira salientou que este espazo sobresae polos seus valores naturais, pero tamén polo seu interese paisaxístico e mesmo como foco de atracción turística na zona.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada