Mario Weitz, consultor do Banco Mundial, en A Coruña

 Mario Weitz, consultor do Banco Mundial e profesor de IESIDE.

Mario Weitz, consultor do Banco Mundial e profesor de IESIDE.

IESIDE presenta a masterclass «Escenarios da economía mundial en 2018. Impactos en España e na empresa galega» a cargo do consultor do Banco Mundial e profesor de IESIDE, Mario Weitz. O evento terá lugar o próximo 5 de setembro no Campus da Coruña de IESIDE (Ronda de Nelle, 31) a partir das 19.00 horas.

Weitz partirá desde unha perspectiva macroeconómica, na que analizará o futuro económico de Europa, para, a nivel microeconómico, reflexionar sobre a súa repercusión directa na empresa galega. Deste xeito, trataranse temas como as políticas de Estados Unidos tras a chegada á presidencia de Donald Trump, o impacto do Brexit ou a deterioración de Temer en Brasil, así como a situación das chamadas economías emerxentes, para analizar que impacto terá na nosa contorna económica.

Para asistir a esta masterclass só hai que inscribirse neste enderezo web.

Mario Weitz conta cunha extensa e destacada carreira profesional. Entre outros cargos, traballou como economista no Banco Mundial e no Fondo Monetario Internacional e foi asesor de presidentes de varios bancos en Arxentina, Estados Unidos e España.

Actualmente é consultor en temas económicos da Comisión Europea e do Banco Mundial. Ademais, é profesor en IESIDE, así como noutras importantes institucións educativas, como ESIC, e desde hai un par de anos imparte seminarios dirixidos a directivos en países como China, India e Brasil.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada