Medio Rural concédelle a 114 beneficiarios as axudas para investimentos en tecnoloxías forestais e a comercialización de produtos do monte

Angeles VazquezO Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este miércoles a resolución das axudas concedidas pola Consellería do Medio Rural para investimentos en tecnoloxías forestais, procesado, mobilización e comercialización de produtos forestais para o ano 2017. O número de beneficiarios é de 114 que recibirán unha achega total de case 9,6 millóns de euros. Precisamente hoxe, a conselleira Ángeles Vázquez visitou as instalacións da empresa Forestal Fragamoura S.L., beneficiaria destas axudas e situada no concello coruñés de Santiso.

O obxectivo principal desta liña de subvencións é fomentar a competitividade do sector forestal, garantindo a xestión sostible dos recursos naturais e a acción polo clima. Tamén se busca lograr un desenvolvemento territorial equilibrado das economías e das comunidades rurais, incluíndo a creación e a conservación de emprego.

Os beneficiarios destas achegas son pequenas e medianas empresas do sector forestal radicadas en Galicia e inscritas no Rexistro de Empresas do Sector Forestal (Resfor) que acreditaron a súa viabilidade económica, cumprir coa normativa ambiental, ter un seguro en vigor de responsabilidade civil para a actividade obxecto de subvención e un contrato de prevención de riscos laborais.

SUBVECIONABLES

Os investimentos subvencionables pasan por maquinaria e equipos para o aproveitamento dos produtos forestais ata os custos relacionados coa mobilización, comercialización e transformación da madeira, incluídas as operacións de traballo antes do aserrado industrial nunha fábrica de aserrado (aserrado móbil ou fixo a pequena escala).

Tamén son obxecto de subvención, a implementación de plans empresariais con criterios de xestión forestal sostible e axuda ás cadeas de custodia dos sistemas de certificación forestal. En calquera caso, a axuda máxima por solicitante limitouse aos 150.000 euros.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada