Feijóo avalía con Montoro os proxectos de incentivos rexionais Feder e o financiamento para a construción das fragatas F-110

Feijóo tamén aborda co ministro de Economía os asuntos máis importantes da axenda económica de Galicia

Feijoo MontoroO presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avaliou hoxe, durante unha xuntanza co ministro de Facenda e Función Pública, Cristóbal Montoro, a situación dos principais proxectos de incentivos rexionais Feder así como o financiamento para a construción das fragatas F-110.

En relación aos fondos Feder, o titular do Goberno galego e o ministro coincidiron na necesidade de realizar un especial esforzo para resolver os proxectos pendentes da tramitación. Expuxeron, ademais, a importancia de identificar novas medidas que faciliten unha maior atracción de investimentos para Galicia capaces de fixar tecido industrial e crear emprego.

Entre os proxectos estratéxicos, ambos os dous destacaron a iniciativa innovadora de Goodleit que, cun investimento de 67 millóns de euros, procesará o 17% da produción leiteira de Galicia, centrándose en ingredientes funcionais e nutricionais para a industria da alimentación, clínica, dietética, deportiva e infantil. Tamén destacaron que se acaba de aprobar un novo apoio para Delta Vigo de 5 millóns de euros que permitirá mobilizar un investimento de preto de 24 millóns de euros.

Outro dos asuntos abordados na reunión foi o financiamento para a construción das fragatas F-110, co obxectivo de que a súa orde de construción poida entrar en vigor a finais deste ano.

Ben que ambos os dous recoñeceron os avances que o estaleiro de Ferrol experimentou nestes últimos anos, Feijóo destacou a importancia de seguir traballando de cara á consecución de novos pedidos que reforcen a carga de traballo xa existente, así como na xeración de novos empregos que respondan ás esixencias das novas tecnoloxías.

Nesta liña, o presidente da Xunta salientou que o proxecto das fragatas suporá a creación de 1300 empregos directos en Navantia e 2100 emprego vinculados á industria auxiliar de Galicia, así como 3600 indirectos.

Ademais de garantir carga de traballo ata a segunda metade da década de 2020, Feijóo aseverou que os investimentos asociados permitirían, en paralelo, levar a cabo a modernización do estaleiro Navantia Ferrol, co obxectivo de convertelo nun estaleiro de referencia tecnolóxica internacional.

GUINDOS

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, mantivo hoxe unha reunión co ministro de Economía, Industria e Competitividade, Luis de Guindos, para falar dos asuntos máis importantes da axenda económica de Galicia e tamén sobre os presupostos do ano 2018.

Feijoo Guindos

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada