Chega a Salvaterra a segunda edición da Feira-Exposición Internacional de Orquídeas

IMG_6937

José Santos da Costa imparte un taller na !ª edición da Feira-Exposición de Orquídeas de Salvaterra de Miño.

Dos conferencias sobre el cultivo de orquídeas entran no programa desta 2ª edición da Feira-Exposición Internacional de Orquídeas, en Salvaterra de Miño, do sábado 16 ao domingo 17 de setembro, en horario de 11.00 a 20.00 horas, el sábado; e de 11.00 a 19.00 horas o domingo, no parque xardín da Canuda.

‘O cultivo do xénero Dendrobium, aproximación xeobotánica. Características climáticas e xeográficas’ o sábado 16 a partir das 17.00 horas, e ‘O cultivo do xénero Masdevallia e Drácula en interiores cálidos’, o domingo 17, a partir das 16.30 horas.

Durante os dous días haberá exposición e venda de Orquídeas moi variadas. O público poderá observalas e mercar aquelas que desexe. Este encontro propicia poder se facer con orquídeas de especies ou híbridos que non son habituais nos circuitos comerciais.

Os dous días, tamén, a partir das 18.30, haberá senllos sorteos de Orquídeas entre todos os visitantes á Feria-Exposición durante ese día. A cada persoa só se lle entrega un número cada día para participar no sorteo correspondente de 25 orquídeas.

Durante as xornadas haberá distintas actuacións musicais.

Poderase, ademáis, visitar o xardín botánico de Orquídeas do parque Xardín de A Canuda.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada
3