O sector turístico galego consegue cifras de ata o 95% de ocupación hoteleira durante o verán

Numerosos peregrinos que han culminado las diferentes rutas del Camino de Santiago, en Santiago de Compostela para recoger la Compostela que acredita el haber realizado este Camino Histórico.

Numerosos peregrinos que han culminado las diferentes rutas del Camino de Santiago, en Santiago de Compostela para recoger la Compostela que acredita el haber realizado este Camino Histórico.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, valorou hoxe na rolda de prensa do Consello a liña ascendente do sector turístico galego con cifras de ata o 95% de ocupación hoteleira durante o verán, tal e como reflicte o informe preliminar presentado hoxe tras a sondaxe feita desde Turismo de Galicia para avaliar o nivel de ocupación no verán.

Máis polo miúdo, Feijóo salientou que segundo os datos aportados polo sector os índices de ocupación de xullo se situaron entre o 75% e o 90%, mentres que en agosto ascenderon ao intervalo entre o 80% e o 95%. “Deste xeito podemos dicir que as expectativas que manexabamos, que apuntaban a un crecemento de entre un 3% e un 5%, cumpríronse e incluso superáronse”, dixo, ao que engadiu que á falta dos datos oficiais de agosto, todo apunta a un novo récord histórico, xa que nos primeiros sete meses do ano o número de turistas que chegaron a Galicia medrou no entorno do 3,2%; o de pernoitas elevouse un 5,6%; “e volvemos superar o récord no número de turistas internacionais”.

En función dos diferentes destinos turísticos, o responsable do Goberno galego precisou que, segundo o informe: A Coruña rexistrou unha ocupación media dun 82% e un crecente peso do turismo internacional, xa que tres de cada dez turistas que pernoitaron na cidade eran estranxeiros.

En Santiago de Compostela, as cifras de ocupación situáronse entre o 85 e o 95% e o peso do turismo estranxeiro subiu considerablemente cunha importancia que oscila entre un 30 e un 40%.

En Santiago de Compostela, as cifras de ocupación situáronse entre o 85 e o 95% e o peso do turismo estranxeiro subiu considerablemente cunha importancia que oscila entre un 30 e un 40%. E, no caso de destinos como Ferrol, os establecementos consultados apuntan a unha ocupación entre un 76 e un 92% e con prezos hoteleiros á alza,

No que respecta á provincia de Lugo, a porcentaxe media sitúase en torno ao 90%, dato que se eleva ao 95% na comarca da Mariña lucense. E, respecto á provincia de Pontevedra, na comarca do Salnés, acadouse unha subida de ata un 3%, chegando a superar o 90% de ocupación.

En relación a cidade de Vigo, a ocupación oscilou entre un 80 e un 95% e na cidade de Pontevedra as cifras de ocupación movéronse no arco do 70 ao 95%, cun moi bo comportamento en agosto.

Na cidade de Ourense, o número de camas ocupadas aumentou nalgún casos ata un 6% con respecto ao ano anterior, situándose a cifra de ocupación no entorno do 85%. E, na Ribeira Sacra a ocupación do mes de xullo foi do 83%, o que supón un aumento do 14% respecto ao mesmo mes do ano anterior.

De entre os datos que apunta o sector, Feijóo destacou que, ademais da ocupación, tamén se incrementa a rendibilidade. Deste xeito, asegurou que a mellora da ocupación, combinada coa recuperación das tarifas, facilitou que “o ingreso por habitación ocupada crecese un 10,2% ata chegar aos 42 millóns de euros”, recordando que este incremento dos ingresos traduciuse nunha mellora do emprego. Non en van, os últimos datos oficiais, correspondentes a xullo, indican que as afiliacións á Seguridade Social no sector turístico medraron un 2,8% con respecto ao ano anterior.

Cómpre salientar ademais que, no mes de xullo de 2017, os tres aeroportos galegos recibiron un 5,9% máis de persoas que o ano anterior.

En relación ao Camiño de Santiago, Feijóo afirmou que tamén segue crecendo: nos meses de xullo e agosto expedíronse arredor de 105.150 compostelas, un 6% máis que en 2016.

O titular da Xunta concluíu a súa intervención asegurando que este datos constatan que Galicia non só atrae cada vez a máis persoas, senón que cada vez atrae un turismo de maior calidade, o que permite que o sector turístico siga sendo unha das locomotoras do crecemento económico.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada