Redrum Teatro estrea ‘A Canción do Elefante’ no Teatro Principal de Santiago de Compostela

O espectáculo está protagonizado por Ernesto Chao, Guillermo Carbajo e Patricia Vázquez. Está dirixido por Alex Sampayo sobre un texto do canadense Nicolás Billon.

O espectáculo está protagonizado por Ernesto Chao, Guillermo Carbajo e Patricia Vázquez. Está dirixido por Alex Sampayo sobre un texto do canadense Nicolás Billon.

A estrea absoluta de “A Canción do Elefante”, o novo espectáculo da compañía compostelá Redrum Teatro, poderase ver o próximo mércores 13, xoves 14, venres 15 e sábado 16 de setembro, no Teatro Principal de Santiago de Compostela acollerá, a partir das 20.30 horas .

Producido co apoio da Xunta de Galicia e a colaboración do Concello de Teo, “O próximos mércores 13, xoves 14, venres 15 e sábado 16 de setembro, o Teatro Principal de Santiago de Compostela acollerá, a partir das 20.30 h, é un apaixonante thriller psicolóxico protagonizado polos actores Ernesto Chao, Guillermo Carbajo e Patricia Vázquez, caras ben recoñecibles polo público galego polos seus traballos en teatro e tamén en series míticas da TVG como “Pratos Combinados” ou “Padre Casares”

Un psiquiatra desaparece da súa consulta. A última persoa que o ve é Miguel, un paciente obsesionado cos elefantes. A pesar das advertencias da enfermeira xefe, o doutor Villaverde está decidido a atopar unha verdade que tan só Miguel parece coñecer.

A dirección vai a cargo de Alex Sampayo, director tamén coñecido polo seu traballo no sector audiovisual, no que dirixiu series como “El Internado” ou “Padre Casares”. Neste momento vén de presentar en varios festivais de todo o mundo a súa ópera prima “Schimbare”, unha longametraxe protagonizada por Candela Peña e Luis Zahera.

Trátase da oitava produción de Redrum Teatro, unha compañía fundada en 2009 que levou aos escenarios a obra de suspense A Pensión”, protagonizada por Rosa Álvarez; os espectáculos familiares “Moito Conto”, “Roedores” e “A Nena Que Quería Navegar”  así  como as comedias “Curriculum Vitae”, “Amor Flexible” e “Noiteboa

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada