Preto de 70 negocios galegos contarán cun xestor de redes sociais co apoio da xunta e a Federación Galega de Comercio

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, mantivo hoxe en Lugo un encontro cos seis especialistas que van traballar no marco do programa de Social Commerce que desenvolven ambas entidades.

 A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, mantivo hoxe en Lugo un encontro cos seis especialistas que van traballar no marco do programa de Social Commerce que desenvolven ambas entidades.

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez Abeal, e o presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas, mantiveron hoxe un encontro cos seis xestores de redes sociais que van prestar servizo a preto de 70 negocios galegos no marco do programa de social commerce que desenvolven a Consellería de Economía, Emprego e Industria e a asociación de comerciantes.

Este programa, que se pon en marcha dentro do convenio de colaboración entre ambas entidades, diríxese fundamentalmente a afianzar o éxito dos comercios galegos no eido das novas tecnoloxías, fixando obxectivos empresariais e compartindo experiencias, novas fórmulas de promoción e comercialización, recursos e tendencias para mellorar a súa competitividade.

Con esta iniciativa, achégase ademais unha oportunidade laboral a seis mozos e mozas desempregados que previamente se formaron nun curso de márketing online-community manager dirixido ao sector comercial impartido pola Xunta no Centro das Novas Tecnoloxías de Galicia.

Os comercios foron seleccionados a través da convocatoria de axudas para a modernización do comercio galego, e enmárcanse no Plan Estratéxico de Impulso ao Comercio de Galicia, que ten entre os seus retos o establecemento dun novo modelo de comercio intelixente que sitúe ao cliente no centro da súa estratexia aproveitando todos os recursos á súa disposición.

 

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada